Mes: Febreiro 2021

As condicións da nova Troika

Como na crise de 2007, a desatada pola pandemia do coronavirus ten a súa propia Troika. Desta volta conformada polo Parlamento europeu, o Consello europeu e a propia Comisión europea. As tres autoridades comunitarias veñen de acordar o regulamento do denominado fondo e recuperación e resilencia, do que o Estado español conta con percibir até 140 mil millóns de euros

Ler máis

Orzamentos 2021; novo pulo a Redondela

Os resultados eleitorais das municipais do 2019, permitiron a conformación dun novo governo de progreso en Redondela. O apoio do Bloque Nacionalista Galego, á investidura de Digna Rivas como alcaldesa, converteuse no empurrón definitivo, a un bipartito conformado por AER-PSOE. Atrás quedaban oito anos, nos que a alcaldía a mans do PP, levou a este concello a unha situación de estancamento en todos os eidos

Ler máis

Extinguida a concesión para executar o salto de Sela

Ás veces atopamos exemplos marabillosos nos que se constata como a unidade da sociedade civil, na procura do ben común, é o único instrumento, imprescindible, para poder desbotar as ansias depredadoras dunha oligarquía económica que arrasa cos recursos de todos na procura do beneficio duns poucos

Ler máis