Mes: Febreiro 2021

Calendario de vacilación

Vacilar. Amosarse indecisa. Mentres o mundo anda a voltas co calendario de vacinacións, no meu almanaque vital é tempo de vacilacións. Dubido en que tema escoller para esta opinión. Estaría ben falar de youtubers que marchan a Andorra para non colaborar cos seus impostos no mantemento do Estado de benestar

Ler máis

Moción de Censura en Ribadavia

O próximo 23 de Febreiro, o concello de Ribadavia vivirá unha moción de censura que vai desaloxar do poder ao PP encabezado polo alcalde César Fernández. Resulta asombroso como os populares ourensáns, tan afeccionados a confeccionar curiosas aritméticas para artellar mocións de censura ao seu favor en distintas localidades de Ourense, láianse agora de que unha ampla maioría, como a que ten a esquerda nesta vila, por fin se poña de acordo en gobernar

Ler máis

Jessica Souto Loira nova responsable local do BNG en Marín

O BNG de Marín ven de escoller a unha nova responsable local. Lucía Santos, voceira do Bloque no consistorio, que viña exercendo tamén a o cargo de responsable local, ven de ser substituida por Jessica, unha moza de Santomé que asume o seu cargo con toneladas de ilusión e unha enerxía tan contaxiosa que ten a capacidade de construir un ambiente positivo e cómodo en calquera contexto

Ler máis