Unha pandemia que pode con500 anos de historia

Sara Lorenzo Concello de Mos

Ao longo do ano que levamos convivindo coa COVID-19, púxose de manifesto a fraxilidade e falta de coordinación de moitas das principais estruturas do país. Máis alá da política e dunha mellor ou peor xestión desta, hai certas estruturas base que polo seu fin formativo, non acostuman a saír nos informativos, o sistema universitario é unha delas.

En concreto, dentro do sistema universitario Galego, atopámonos coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se sitúa segundo o Center for World University Rankings(CWUR) no posto 467 internacional e no 13 de España, é dicir, atópase entre as 500 mellores universidades do mundo.

No Regulamento de selección de profesorado permanente(2019), concretamente no apartado deselección, especifícaseque se deberávalorar a adecuación de cada persoa aspirante ás tarefas docentes e investigadoras propias da praza obxecto de convocatoria.Non obstante,os criterios de valoración acostuman a primar a calidade da investigación da universidade antes que a docencia que nela se imparte. En moitas das materias impartidas nesta universidade, en diversos graos, o profesorado non está preparado para ensinar, malia a súa calidade como investigador/a. A maiores, moitos destes profesores considéranse unha autoridade na súa especialidade, de modo que non hai criterios externos de calidade, o que pode explicar moitas das carencias nos cursos.Maiso peor é queestas mostras de falta de calidadepercíbense como compoñentes de excelencia académica: “Non é que a ensinanza esteamal deseñada, é que o que o profesor fai é o canon de excelencia nesa materia” (Quintanilla, 1998).

Por desgraza para os alumnos,esta excelencia non só non os beneficia, senón que en moitos casos saen prexudicados. Moitos dos docentes que imparten as clases son prestixiosos investigadores, máiscarecen das habilidades precisas para aensinanza. En certos casos preparan presentaciónsque unicamente len,transmitindoasí cúmulos de información,sen explicacións e sen tratar de que se entenda cando non se teñen os coñecementos previos. Isto é unha problemática que leva acontecendo moitos anos -quizaisporque o sistema universitario actual non está adaptado ás necesidades da sociedade actual-,maisa pandemia e as restritivas medidas asociadas en canto á docencia presencial sumou aínda máis dificultades aosestudantes da USC.

Dende o 20 de setembro de 2020 acentuouse a aciaga planificación do novo curso, os docentes comezaron a aproveitarse da docencia semipresencial: enmoitos casos non acodensequera ásaulas, dando clase online, maisfacendo queos alumnosasistande xeito presencial; acoden presencialmentemaisempreganas clases para outros fins, e a materia a engaden ao campus virtual en forma de vídeos, etc., é dicir, nunha situación tan complexa, duplican as horas de clases teóricas aoseu gusto, incrementan a carga de traballo particular para “substituír” a falta dunha docencia axeitada.

A maiores, mostran diversas dificultades para cambiar o seu método de avaliación, incitando en certos momentos a eludir medidas de seguridade contra a COVID-19, negándose a adaptar exames para persoas confinadase amosandounha empatía nula por eles/as. Isto só manifesta queo que prima segue a ser a excelencia da universidade, a que aportan os investigadores e os méritos que estes obteñen, mentres que a calidade da docencia deixa cada vez máis que desexar.

500 anos de historia deixan a varias xeracións de alumnos cunha ensinanza practicamente autónoma.

Sara Lorenzo Costas