Mes: Outubro 2021

O dilema

“Temos unha poboación envellecida, a nosa xente nova está a marchar -máis preparada que nunca-, buscarse a vida alén das nosas fronteiras, unha auténtica enxurrada de futuro que se perde, o rico mundo rural, a gandaría e agricultura esmorecendo, os montes enchéndose de eucaliptos, as fábricas a pechar nun proceso de desindustrialización brutal, desapareceu o pouco que había parecido a unha banca galega como as caixas de aforros. Non estamos ante nada pasaxeiro, é estrutural ese desaxuste de Galiza no Estado Español. Non hai corpo que aguante a sangría que sofre o noso País. Sinceramente, pouco ou nada se albisca, dun futuro mellor de non mudar radicalmente as cousas.”

Ler máis

ADICAM

O 19 de outubro celébrase o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama. Moita xente pretende ningunear estes “días de…” argumentando que calquera causa tense que reivindicar tódolos días do ano. E non lles falta razón nesa afirmación máis estes Días non conlevan exclusividade, simplemente están pensados para visibilizar distintas reivindicacións ou necesidades

Ler máis

Damian Rodríguez monitor de deportes de aventura

Damián é natural de Redondela e monitor de deportes de aventura . Procede do mundo do balonmán e fíxose especialista en deportes de aventura, como en moitas ocasións nos sucede na vida, despois de terse cruzado no seu camiño e ir descubrindo aos poucos a súa vocación e o seu atractivo

Ler máis