Mes: Decembro 2021

Segundo o PSOE Mos: o PP de Mos minte durante un pleno para tratar de ocultar as subvencións da Deputación para o festival “O Son Do Pazo”

O Goberno local de Mos cruzou un novo límite ético ao mentir abertamente á veciñanza durante o último Pleno municipal, no que chegou a negar a existencia dunha subvención nesta última edición de case 6.000 euros a través do programa de apoio aos festivais de música e de artes escénicas da provincia para o colectivo organizador do Festival O Son do Pazo. A colaboración da Deputación incluíu tamén a participación de grupos de música tradicional con cargo provincial Pontegal e, finalmente, a impresión da “cartelería”. Dita subvención tamén foi solicitada e concedida durante os anos anteriores.

Ler máis

Os sindicatos e o goberno pactan un acordo histórico

Este martes o Comité de Empresa e a Xunta de Persoal do Concello de Redondela pecharon un acordo co Goberno que califican de “histórico”. A representación sindical sae satisfeita logo de varios meses de negociacións, con fortes tirapuxas, que finalmente deu un resultado moi positivo para o cadro de persoal. Desta maneira, destacan, o acordo recoñece dereitos laborais até o de agora nunca contemplados, como pode ser o complemento de dispoñibilidade

Ler máis