Os sindicatos e o goberno pactan un acordo histórico

Concello de Redondela A Nova Peneira

Este martes o Comité de Empresa e a Xunta de Persoal do Concello de Redondela pecharon un acordo co Goberno que califican de “histórico”. A representación sindical sae satisfeita logo de varios meses de negociacións, con fortes tirapuxas, que finalmente deu un resultado moi positivo para o cadro de persoal. Desta maneira, destacan, o acordo recoñece dereitos laborais até o de agora nunca contemplados, como pode ser o complemento de dispoñibilidade.

Os sindicatos destacan que o acordo inclúe unha mellora substancial para todos os departamentos (co recoñecemento do complemento de festividade, nocturnidade, complemento de productividade, así como o mencionado de dispoñibilidade). O Goberno comprométese a iniciar, de forma inminente, o proceso de funcionarización e a revertir os beneficios desta no cadro de persoal. Entre outros.

O Comité de Empresa e a Xunta de Persoal convocaron o pasado venres unha asemblea aberta para informar ás persoas interesadas. A resposta foi de apoio unánime. Esta disposición reforza a liña de unidade sindical que se consolidou nos últimos meses e que agora se demostrou beneficiosa para todo o cadro de persoal. Ademais, o conxunto de traballadores e traballadoras avalaron o traballo sindical e impulsa, desta maneira, a continuidade do traballo das centrais sinciais con representación no Concello de Redondela.