Xoán Carlos González “ rexeitamos calquera negociacion co PP, e consideramos a cuestión de confianza de Digna Rivas como unha chantaxe”.
A escasos días de que remate o prazo para un goberno alternativo motivado pola cuestión de confianza de Digna Rivas, dende a organización nacionalista rexeitan calquera tipo de achegamento ao Partido Popular. Declaran dende o BNG, “iniciamos esta parte do mandato para presentarnos ante os e as redondelás como alternativa fiable e sen ataduras ao bipartidismo”.
A Asemblea e o Consello Local analizaron nas últimas semanas a crise institucional que atravesa Redondela. Consideran prioritario no seu traballo político aglutinar máis veciñanza arredor do seu proxecto, dando resposta ás demandas e necesidades dos e das redondelás.
Pola súa banda o voceiro do BNG, Xoán Carlos González valora a cuestión de confianza presentada por Digna Rivas “como unha chantaxe para tentar amordazarnos e silenciarnos, mesmo nestas semanas chegou a expulsar do pleno á compañeira Jésica García”. Recorda que ademáis dos incumplimentos do acordo de investidura a alcaldesa, negou e ocultou propostas e iniciativas prantexadas dende a súa organización politica.
Entre os incumplimentos da alcaldesa redondelá o voceiro nacionalista salienta “a negativa a elaborar uns orzamentos dende a base con nós, negarse a estudiar propostas como o convenio de reconstrucción do campanario de Reboreda, o proxecto dunha senda peonil ao colexio Igrexa en Chapela ou dunha nova biblioteca para Redondela. Ocultounos a privatización de servizos como socorrismo, limpeza de praias ou de camiños. Non nos informou ata que xa se solicitara a subvención o proxecto da estrada de acceso ao colexio Porto Cabeiro”.
Xoán Carlos González rexeita as declaracións nos medios de comunicación do líder local do PP, Javier Bas calificándoas de “excusas de mal perdedor”. Considera que o PP pagoulle a sumisión e silencio por 60.000€ e un cómodo posto na deputación. Silencios como “ o da suba da factura de Sogama, o castigo da Xunta á confraría co Peirao de Cesantes, negando que os nosos centros de saúde estean nunha situación precaria, ou negándose a transferir á Xunta o Conservatorio de Música”. Considera extramadamente grave que mentras o presidente da deputación declara que o ente vai sufragar a senda verde noutros concellos, Javier Bas exixe a execución das obras en Chapela, con cargo a fondos xestionados polo concello.
Finalmente o voceiro nacionalista afirma que “ cada día medra o número de veciños e veciñas que confían no traballo e proxecto do BNG de Redondela. Presentámonos como a única alternativa fiable ao bipartidismo que non tén proxecto, propostas ou solucións para o noso concello”.
