Xoán Carlos González Campo: “A súa dilatada amizade con Javier Bas imposibilita que poida exercer a defensa do persoal de libre designación”
No marco da negociación da investidura de Digna Rivas acordouse entre oBNG e Partido Socialista a creación de tres postos de libredesignación. Unha coordinadora de concelleiros e concelleiras, unha depersoal de prensa que actuaban para o equipo de goberno, e outra persoacomo persoal de atención á veciñanza polo BNG. Estas dúas últimasfiguras contratadas a tempo parcial.
O Partido Popular ademáis de alegar o acordo plenario correspondente,decidíu levar a cuestión ante os tribunais presentando un contenciosoadministrativo. Neste caso Javier Bas asinou o escrito que se presentouante o concello. “Pretende xudicializar a vida política do concellode Redondela, obstaculizando acordos entre as forzas políticas”,valora o voceiro nacionalista Xoán Carlos González Campo. Chámalle aatención ao edil do BNG que precisamente asine a demanda “unha persoaá que lle atoparon un posto como asesor na deputación cobrando60.000€ ao ano”.
Hai poucas semanas Digna Rivas presentou unha denuncia contra JavierBas. “Nunha resolución da alcaldía aceptaba que o avogado municipalse abstivera de participar na súa defensa pola súa manifesta dilatadaamizade con Javier Bas”, aclara o edil nacionalista. “Estaresolución non se realizou no caso do contencioso do PP contra opersoal de libre designación, polo que existe unha claradiscriminación”, denuncia Xoán Carlos González Campo.Na súa nota demanda o voceiro nacionalista que dende a alcaldía se deao mesmo trato a ambos procedementos. “Descoñecemos se o avogadopresentou o mesmo escrito no que solicitaba que o abstiveran departicipar na defensa do concello”, sinala. “Estamos estudiando aposibilidade de realizar unha consulta ante o Colexio de Avogados eAvogadas de Vigo”.
“Solicitamos á alcaldesa que aparte ao avogado municipal nocontencioso presentado polo PP, pola súa manifesta dilatada amizade conJavier Bas, neste caso o denunciante. Sabedores desta relación,entendemos que non garante unha boa defensa dos acordos BNG-PSOE”,remata na súa nota o voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos GonzálezCampo.
