ENTREVERBAS co escritor coruñes Isaac Xubín

Isaac Xubín

O pasado 15 de decembro o Centro Cultural Xerme de Cabreira acolleu un especial encontro ENTREVERBAS co escritor coruñes Isaac Xubín.

O autor presentou “Apatxe”, un monólogo que xira arredor da complexidade da identidade e inspirado na súa experiencia a través dos lazos familiares e das vivencias nos distintos lugares onde leva residido.

O acto, organizado por Xanela Iniciativa Cultural, completouse coa exposición fotográfica que percorre oito edicións do festival ENTREVERBAS.