Do todo é posible pasamos o todo vale

Victoria Alonso voceira do PSOE de Mos
Victoria Alonso voceira do PSOE de Mos

Non entendemos como pode ser posible que a día de hoxe a xente non se preocupe pola acción política que se está a levar a cabo. Cuestionamos que sendo a política e que as decisións que parten dela, as que dirixen o noso día a día, non estea moito máis involucrada a sociedade. Despois vemos os debates e xa temos a nosa resposta.

Vivimos nunha sociedade cambiante, tanto que a día de hoxe unha “fake news” pode ter máis alcance que calquera noticia real. Unha sociedade que perdeu de vista que o obxectivo do debate político é aportar e non propiciar o esperpento. Nun momento no que a educación pasou a un segundo plano para deixar paso a unha liberdade de expresión que pode amparar calquera falta de respecto. E o Partido Popular é experto en todo isto, experto a todos os niveis e todos os seus nembros. Mesmo parece que deben ter curso formativo, para ter integrados estes elementos que ata fai pouco, estaban mal vistos.

Pódese insultar a un presidente do goberno, intentar tapalo xustificando que dicíamos que gústanos a froita. Que os teus te aplaudan, facer camisetas e comentarios jocosos en todo tipo de medios, e que isto quede como unha simple anécdota. Ou podemos marcarnos un Feijoo, pasar todo unha campaña dicindo mentiras ata que unha periodista decide dicir “iso é mentira”. Pero non pasa nada con que un aspirante a presidente do goberno minta. Podemos organizar manifestacións nas que se fai gala de bandeiras anticonstitucionais, empregar lemas de réximes dictatoriais, facer apoloxía nazi, insultar, cánticos machistas e todas as barbaridades que se vos poidan pasar pola mente, o máis puro estilo peliculero. Rompendo calquera principio moral, educativo e caval, porque todo está permitido, para defender a España… Baixo esa frase que dixo un home baixiño con bigote no seu momento de unha, grande e libre.

E isto podemos velo a tódolos niveis, tamén a nivel municipal. En Mos, levamos anos, en concreto dende a moción de censura do ano 2008, no que o PP cree que o concello é seu. Crense co dereito de rirse, de abasallar, de contestar cando consideran e o que consideran e de mofarse con todo tipo de descalificativos. Porque cren no Partido Popular, que ter maioría absoluta é coma un dereito de impunidade co que van estar exonerados de todo o que faga. Estamos acostumados a unha actitude déspota e faltona que se basea en recordar os resultados políticos coma un neno que di ter permiso da nai para seguir xogando.

Mentres non tomemos conciencia do abismo onde imos, as cousas non cambiarán. Volver abrazar os principios de respetar para que te respeten e aportar para crear unha sociedade mellor. Facer propostas sempre baseadas no ben común, entendendo que no consenso e no dialogo, gañan máis dos que perden. O seguidismo cos ollos cerrados tan so implica perder a crítica construtiva, non escoitar para integrar todas as opinións e o non saber ser útil para a sociedade.

Parece que vamos continuar a ter moito de todo isto, e tamén a nivel municipal. Mentres tanto a veciñanza de Mos segue a esperar, coma dende fai anos, por servizos básicos e necesidades que se prometen e non chegan a cumprirse. Ese dereito que deixa ser impune ante calquera falta de respecto tamén permite non cumprir ca palabra dada. En realidade é un método de aforro, aforran en ideas para aproveitalas outra vez no programa electoral de dentro de 4 anos. A única pega é que non aforren no gasto público, que ese ten máis beneficios aínda que para algún vese que non.