O caos económico nos 100 días de goberno de nava castroa

Vanessa Ponteareas PSOE

Sra. Nava Castro fixo un balance dos seus primeiros 100 días ao fronte do gobernomunicipal acusando ao goberno anterior de gastar todos os cartos e deixar apenas 97.000 eurospara gastos. O que ignora a Sra Castro é que a mentira ten as patiñas moi curtas, como ben dicíamiña avoa, e os seus actos desminten todos os seus lamentos.

Cómpre sinalar que o PP está a gobernar co orzamento do ano 2022 porque a Sra. Castrorenunciou a facer un orzamento para este ano. O goberno progresista, BNG-PSOE, dicidiu nonfacer un orzamento para o ano 2023 cogallo de non comprometer ao goberno que saíse daseleccións municipais de mayo deste ano. Noutros concellos, como o que temos aquí preto de nós,O Porriño, o seu alcalde nada máis tomar posesión tramitou e aprobou un orzamento para esteano.

Calquera pode entender que o que no ano 2022 custaba 100 euros, agora custa 200. Ser irmáis lonxe, a factura da luz incrementouse irracionalmente para todos e todas nós. Para o Concellotamén. Afortunadamente a concellería do PSOE conseguiu case 4 millóns de euros para mudar asluminarias de todo o concello, centro da vila e parroquias, a luces LED, porque senón a facturahoxe aínda sería maior. E qué fixo a Sra. Castro nestes 100 días? Deixar que corten a luz comoocorreu nos campos de fútbol. Por certo, esa subvención ainda non foi ingresada nas contasmunicipais.

No concello existen uns gastos fixos como nóminas, comunicacións, electricidade… que oanterior goberno encargámonos de deixar retidos, apartados, para poder acometelos. A cantidaderetida, da que dispón a alcaldesa, ascende á cifra de 12 millóns de euros.

Lamentablemente a Sra. Nava Castro, ante a falta absoluta de xestión política e as facturasque vai acumulando sen pagar, decidiu contarlle na prensa á veciñanza o de sempre: que ogoberno anterior era malo, malísimo e que gastou todo e non deixou cartos.

Para a súa desvergoña, como din os nosos maiores, onde hai papeles calan barbas, ecalquera pode consultar o portal de transparencia e ver os documentos. O 15 de xuño o créditodispoñible para gasto era de 777.000 euros, ademáis dos 12 millóns retidos.

E seguimos coas mentiras do PP. O pasado 6 de outubro a Sra. alcaldesa firmou dosdecretos, un para autorizar gasto por importe de 193.105 euros de facturas dos meses de xuño,xullo, agosto e setembro; e outro para pagar facturas das festas de setembro por 23.200 euros. Porcerto, facturas que non teñen contrato. Así por exemplo a Sra. Castro pagou ao pregoeiro dasfestas, sen desmerecer o traballo do profesional, a calofriante cifra de 5.445 euros . Acaso nontemos persoeiros destacados en Ponteareas para dar un pregón das nosas festas?

Como era o conto de que só había 638 euros para festas e 97.000 para gastos?A Sra. Nava Castro esquece que ela é a que ten que decidir onde gasta os cartos públicos,onde pon e quita cartos, é dicir, ten que xestionar e facer o traballo polo que cobra 45.000 eurosao ano.

O que si ten pendente a alcaldesa é rematar de xestionar os fondos europeos, esesmesmiños fondos aos que o seu partido votou en contra, eses fondos conseguidos polo PSOE enEuropa. Deliberadamente ou inconscientemente, non sei cal opción será peor, a Sra. Alcaldesa estácambiando os proxectos ainda por executar sabendo que así non vai ser quen de telos rematados o31 de decembro, o que significará que todos os veciños e veciñas de Ponteareas perderemos os

millóns que viñeron de Europa.

A maior grosería política é esconder a incompetencia de xestión na manida herdanza. Isode que a culpa é do que xa non está non o cre ninguén. A maior burla é dicir que non hai cartos efirmar un decreto para mercar mobles para a Alcaldía porque os que hai non lle chegan; ou mudara decisión da ubicación do novo centro de saúde e ter gastado xa máis de 15.000 euros e non ternin sequera os terrenos.

Nunca Ponteareas avanzou tanto como nos oito anos de goberno progresista. NuncaPonteareas incrementou tanto o seu patrimonio como nos oito anos de goberno progresista. Demomento o único que leva feito a Sra. Castro é destruir todo o que outros fixemos e comezar unhanova época de facturas sen pagar a proveedores. Veremos cómo remata o conto.

Asdo. Vanesa Fernández Soage

Portavoz do PSOE de Ponteareas