
Nuria Vázquez substituirá no pleno que se celebrará o vindeiro 26 de novembro a Begoña González como Concelleira do BNG na Guarda.
Begoña González renuncia ao posto por razóns de índole persoal que lle impiden adicarlle o tempo necesario.
Nuria Vázquez, diplomada en Educación Social, declarou “síntome ilusionada de asumir o cargo e procurarei dar o mellor de min mesma para contribuír xunto co resto de compañeiras e compañeiros do grupo municipal a traballar pola maioría dos guardeses e guardesas”.
Pola súa parte o portavoz municipal, Anxo Baz, mostrou o agradecemento a Begoña polo traballo desenvolto neste período e considera que a entrada de Nuria Vázquez neste momento, vai axudar a reforzar o traballo do grupo municipal do BNG.