Blanca Francés renuncia por motivos de saúde e entra José Manuel Villa
O Porriño, 31 de xaneiro de 2022
Na asemblea celebrada onte, 30 de xaneiro, a nosa compañeira Blanca Francés informou á militancia e simpatizantes da decisión de deixar a súa acta como concelleira por motivos de saúde. Este paso, comunicado hai xa meses ao resto do Consello, viuse aprazado dada a complicada situación que se vivía no Concello.
Agradecemos o seu traballo e o seu compromiso nestes dous anos, que amosou aínda máis agardando a que as circunstancias cambiaran, e o esforzo que lle supuxo ser parte de recentes e duros procesos. Á marxe xa da parte institucional seguirá sumando, con honestidade e coma sempre, dentro da organización.
Formalizarase oficialmente esta renuncia o antes posible para axilizar a toma de posesión do noso compañeiro José Manuel Villa Collazo. A súa incorporación ao grupo municipal trae valentía, seriedade e un firme compromiso co ben común e o interese xeral.