O Concello de Ponteareas amosa o seu compromiso cos centros e casas culturais do municipio

O Concello de Ponteareas amosa o seu compromiso cos centros e casas culturais do municipio

Convocou unha liña de subvencións cun orzamento de 40.000€ que beneficiaron a 17 centros ponteareáns

O Concello de Ponteareas ten un especial interese en apoiar a cultura e en por en valor os centros e casas culturais do municipio. Con esta finalidade convocou unha liña de subvencións de apoio á cultura que axudasen a paliar os gastos correntes e de mantemento necesarios para a realización das actividades culturais e para o correcto funcionamento dos propios centros cun orzamento de 40,000 €.

En total, ascenderon a 17 os centros que solicitaron a subvención dentro do prazo establecido. E unha vez valoradas as súas solicitudes, concedéuselles as axudas por importes que oscilan entre os 1.526€ e os 4.040€, en función dos gastos xustificados de mantemento, actividades culturais, difusión da cultura galega…

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, amosa o compromiso do goberno municipal co tecido cultural ponteareán e asegura que “é necesario apoiar ás nosas asociacións para que poidan manter e mesmo ampliar a súa actividade cada ano, pois a cultura é un dos piares da propia identidade e é preciso reivindicala”.