Volver atrás?

Artigo de opinión A Nova Peneira
Baldomero Iglesias Dobarrio Mero artigos de opinión A Nova Peneira
Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero

Era Voltaire, coido, quen metido en cables e correntes eléctricas,dixo aquilo de que o sentido común era o menos común dos sentidos. Eiso verifícase todos os días e hoxe, unha vez máis, cando arealidade nos devolve á crúa sensación de crer que estamos tolos,no medio de tanto bulo, de tanta irresponsabilidade sobre todo nos quevotan e votamos e nos que mandan ou cren mandar. Só chega conmirarlles a cara e velos. Xa na ollada, non hai que ir moito máisalá, coñécese o desgoberno que nos goberna, son eses mesmos que semultiplican sen descanso nas redes sociais, convertidos naquel”mentideiro verdadeiro” que tentaba preconizar temporais e mareiras.Ese é lugar propicio dos “odiadores e odiados”, da xente que cuspeinfinitos rancores e insulta, difunde e agáchase na ramalleira.Multiplícanse despois regurxítanse como práctica de comunicaciónsen ter en conta os cheiros que desprenden, nin as cores sucias quealimentan máis porcallada. Fano sen perder a raia do pelo, nalgúnsxa imaxinaria.

Si, estamos aí, nese punto exacto de odiarnos oligrofrenicamente.Nesa situación de aparvamento colectivo, de fedor catastrófico queaventa calendarios de ruptura, de perda de equilibrio, de inxustiza,de guerras e perdas de dereitos, de exclusión e de abono maligno paraas minorías e para a xente máis vulnerable. E non quixera seragoreiro, pero avéntanse cambios que movidos por estes”influenciadores/as” de turno, terraplanistas que non cren naliberdade ou na xustiza, están por riba de todo iso, tamén do cambioclimático. Son os que chegaron ao poder e van crear convulsiónglobal sen que poidamos nós mesmos recoñecernos no espello.Quedaremos coa ollada perdida, parva que só será quen de sentir acotización en bolsa. Triste porvir!

Non entendía como era posible que se presentasen persoas consolucións tan ruinosas, erradas e faltas de respostas para conducirpobos enteiros e sacalos da difícil situación que sempre habitan.Andan lonxe do sosego, da solución científica, do consenso, daparticipada negociación, dos dereitos sociais. Non o entendía, emenos entendo agora, a aquela xente que sabendo, como todos sabemos,das súas ideas estrambóticas e fóra de todo lugar, haxa quen ten abrillante idea de votalos. Non entendo, non sei como se pode ser tansuicida e desalmado. Non entendo ese depósito de arroganciabelicista. Penso que toleamos, que a vontade -tamén a popular- estáarruinada e conducida pola mentira, pola falsidade. Por iso andamoscegos. E iso non se produce tan só no lonxe, nos confíns doshorizontes. Non, tamén se produce no aquí, nos arredores, e nosfeitos que xa podemos ver todos os días, nas decisións suicidas desobrevivencia. Nótase nas escasas solucións que dan aos problemas daxente, aos de cada día e que se acrecentan pedindo papeis ecertificados, mirando para outro lado ou rindo de nós, na propiacara. Antes facíano con disimulo, pero agora, mentres a xente morre,agoniza ou enferma, eles están nun xantar celebrando algo e gardanmil mentiras para, se é o caso, contar e difundir nos medios deabrasión social outras ideas consoladoras. Con todo descaro. Candonon hai servizos públicos dan como solución acudir aos privados,porque a cousa pública está saturada e falta de medios. Iso fai axente escollida en urnas. É a mesma que opta polas minas a ceoaberto, pola vacas tolas, pola ruína do rural deixándoo senservizos, polos macroeólicos, polos Altris e sucedáneos, polaeucaliptización forzada e ruín, polos incendios que pasaron a serameaza constante, polas empresas contaminantes, polos lodos invasivose furtivos de metais pesados altamente contaminados que verten ensilencio, sen osíxeno afogados en contaminantes e en lexislacións encontra do Noso, poñamos por caso a Cultura e Lingua.

Son as súas metodoloxías. E onde esta o sentido común, que chaman”sentidiño”?. A onde chegamos para permitir, despois do voto, que esaxente goberne ou teña o respaldo maioritario para gobernar? En moitoscasos, alá nas américas e nalgúnha vila da volta, sabendo que apersoa elixida é delincuente convicta, acosadora, racista, misóxina,que é quen de gobernar e inducir á violencia desaforada, queincumpre as leis e bordea a legalidade escusando beneficios para opeto. Ese que é quen -el e as súas amizades- de mentir e de mercarxuíces e fiscais, de mercar vontades con diñeiros, mesmo votos emesmo falsos testemuños. Non se deron conta da manipulación? Si,déronse conta. E penso -anque me coste moito recoñecelo, votaroncon desesperación vendo que a solución dos seus problemas, que osafundían, non viña da man dos que estaban no poder e pensaron quepodían -aí está o enorme erro- ter estes as solucións. Estes queson esa tropa que abrirá a veda para a esculca e destrución de todo,da paisaxe, das causas feministas, dos dereitos de integración deinmigrantes, das persoas LGTBI. Un duro golpe que nos involucionamoitos anos, que nos rompe os corazóns e pon tristes, sobre todo aomirar o negro futuro, cheo de eivas, neste regreso a ningures, nestacontradición imposible que invoca o mal e a destrución.

Que razón tiña O Voltaire, ou quen fose, o certo é que aínda nosdan correntes estremecedoras e arrepíos só con pensalo!