Así se expresaba este neno palestino. Frase potente e dura, co contraste da inocencia dun neno e a gravidade do desexo. Porque, por un lado golpea emocionalmente e pon en evidencia a xustiza, e o abandono que sofre e que eu interpreto como unha triste crítica social, do que está a pasar en Palestina, e que a frase faina moi impactante. Nunha soia liña, condensa a fame, a fe, e a traxedia palestina.
¡Paremos o xenocidio! A ocupación e a destrución da vida palestina.
¿Onde queda Israel, o pobo escollido por Deus?
Mais de 100 organizacións da sociedade civil, alentan da situación; do impacto da fame – incluso – do propio persoal humanitario.
A fame, a desnutrición, e as enfermidades están provocando este dramático chamamento dese neno palestino: Mama! Quero morrer para ir o Ceo, e poder comer.
¡Que triste realidade!
Eu dende A NOVA PENEIRA, fago este chamamento urxente, ante a falta de resposta, tanto a fame como as armas de guerra, porque o asedio israelita, mata, non só os nenos, senón tamén o pobo de Gaza, e é inmoral ver as escenas do reparto de comida, acompañada de disparos só por intentar alimentar as súas familias, xunto as persoas que están axudando.
A diario vemos a compañeiros e compañeiras consumíndose diante de nós, sen que a súa voz de alarma obrigue aos gobernos a actuar. E, instamos a tódolos países do mundo, a que obriguen a Israel a abrir os pasos fronteirizos, a restablecer o fluxo completo de alimentos, a que ningún neno – nena palestino, teña que dicirlle a súa nai: Mamá: Quero morrer e ir o ceo, para _comer_. E, ese Israel, que di ser o pobo escollido de Deus, colabore cos palestinos, dándolle a auga potable que necesita, a atención médica, e combustible o pobo palestino, baseado no principio das Nacións Unidas, porque a expresión deste neno palestino, se repite cada mañá: Comerá hoxe? E me pregunto: Como é que as masacres nos puntos de distribución se producen case que a diario, tanto con tantas persoas asasinadas a tiros e miles de feridas?
E non o digo eu, senón a ONU que confirma os asasinados palestinos buscando alimentos para eses nenos e nenas, que queren _morrer e ir o Ceo, para poder comer_.
Se me entristece a alma, observar como as forzas israelitas desprazan a forza a mais de dous millóns de esgotados e confinados palestinos, e que o Programa Mundial de Alimentos, di ser insostible para cal quer operación humanitaria.
Utilizar a fame como método de guerra é un crime.
Amigos de A Nova Peneira: Que facemos coas taxas de desnutrición aguda? Que facemos co espallamento das enfermidades? Que facemos coas diarreas? E, ¡O desmoronarse nas rúas pola fame e morrer! E, Que se espera? Mais famentos e mortes?
Ráchame a alma observar como o pobo palestino está atrapado nun ciclo cruel de esperanza e frustración. A súa supervivencia e un espellismo.
A través de A NOVA PENEIRA, chamamos aos galegos, sen distinción de clases, a pedir os gobernos urxentes decisións para por fin a o asedio que os palestinos veñen padecendo. ¡Salvemos vidas, antes de que non quede ninguén por salvar!
Que deixen de matar nenos e maiores de fame.
Xa nos fixemos tanto a frase do neno palestino, que seguimos coa nosa vida diaria, sen queixarnos, ollando para a TV. Insensibles, domesticados e cómodos. Xa non protestamos nin esperamos a que os gobernos fagan o que non fan por pechar este desorde. Se perdeu a “solidariedade” e os nenos e nenas que están pasando negra fame, pola culpa israelí, e dun goberno criminal, que segue gozando e matando vidas dunha maneira cruel.
Dixo un escritor palestino que a paz non é so a ausencia da guerra, tamén é a existencia de Xustiza e equidade para tódolos pobos.
Manuel Alfonso Estévez,
fillo de Fornelos da Ribeira.
