A historia daqueles tempos

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez, fillo de Fornelos da Ribeira.

A historia daqueles tempos

Adeus, pai e, adeus nai,

adeus, aldea que quero,

xa me vou deste mundo,

xa sei que me vou de vello.

Cando fun a Escola Pública de San André de Lourido,só había fame en España. Neses anos tenros nos que as almas se moldeaban cal plastilina, fun educado como tantos outros galegos.

E dicir: Como un imbécil: DEUS OU DEMO, INFERNO OU PECADO. E os equivalentes políticos eran: FRANCO OU COMUNISMO. E grazas a aquel “caudillo” nos deron queixo do benvido, “MÍSTER MARSHALL” mentres que o noso “AUXILIO SOCIAL” nos mataba a fame. Todo tan confuso, como o “Misterio da Santísima Trinidade”, e os “Principios Fundamentais da JONS” e das sete clases de anxos do Ceo, que acompañaban o pupitre de ADÁN, descubertos nos vellos pupitres e pizarra: “Anxos, Tronos, Serafíns, e Yugos e Flechas”. Deus, mesmamente, había unido a Franco, para salvar a cultura das hordas xudeu-marxistas, e roxos-separatistas, que apenas se podían reter os nomes tan raros, dos que nunca nos contaron nada, salvo que odiaban os que mataron a José Antonio que foi unha especie de anxo, ou profeta de pelo en peito, xa no Ceo.

Logo, misa e salve, tódolos días, e dobre ración de latigazos en días de Paixón, Pascuas e Ramos. Menos mal que nas “novenas” vías as chavalas dos Colexios das Monxas, todas vestidas de azul, con colecta e calcetíns atas o xeonllos.

Lémbrome daqueles tempos, e das festas e romarías, como do “Corpus” custodiado pola Garda Civil: Triunfa España, alce os brazos fillos do pobo español, que volve a resurxir… ¡Todo tan confuso! E o único evidente era o cheiro a colonia dos ricos, cando habían votado a “calderilla” para os pobres. Os demais, cheirabamos a xabrón feito na casa, e a “perruqueiría” enxaugada con vinagre…

Estaba claro que a “Igrexa” quería mais os ricos que os pobres, pero ¡Eso si! Eran os que mais metían a man no cu, mentres os pobres recibían castigos por non ter auga nas casas. E, cando algún neno era castigado de pe, no colexio o mandaba ao fondo da clase. E, aínda me lembro aos meus 94 anos, aquel cartel que dicía. España: “Vinte Anos de Paz”.

Tragábamos todo. E hoxe me pregunto: ¿Porque entón saímos tan atravesados? Si todo era falso. E, foron aqueles anos de “pataleo” os primeiros actos de rebeldía.

Logo, remexendo polos arquivos descubrín as causas daquelas algaradas: Si hai que ir o inferno vaise, pero ¡Ollo! Que non nos acollan.

Daquela, eran pequenas rebeldías que non só freaban as clases de Formación do Espírito Nacional, senón, aínda o estou vendo para reconvertelo.

E pasaron anos e anos, sen responsabilidades políticas para aquelas xentes.

Algunhas veces, retorno o meu eido natal, e lémbrome daquelas festas e romarías, do amor o terruño, dalgunhas consignas políticas e ¡Como non! Da tortilla de patacas o carón da lareira, de escoitar “Radio París” e dos meus ardores non exentos de contradicións.

E, noso deber dar as grazas “A Nova Peneira” por darnos a oportunidade de que a xente de agora, saiba o que sufriu a xuventude en tempos atrás.

Mañá, cando morra

no veñades a chorarme.

Non estarei baixo terra,

o vento a de levarme.

 Manuel Alfonso Estévez,

 fillo de Fornelos da Ribeira.