AS CAMPÁS DA MIÑA ALDEA As campás de San Xoán de Fornelos

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira

Manuel Alfonso Estévez, fillo de fornelos da Ribeira

Me queren de veras,

Dende cando fun nado

E chorarán por min cando morra.

En tódalas aldeas por moi pequenas que sexan, sempre encontramos unha igrexa ou unha capela con elementos identificables singulares como as campás. É, non hai outro instrumento metálico de forma de “copa invertida” que soe por percusión, composta de 78 partes de cobre e 22 de estaño, a que se lle engade zinc.

Narrar a historia das campás en xeral, direi que foi utilizada polos persas, gregos e romanos, na Idade Media, con fins militares. Logo, utilizadas pola Igrexa, para convocar os fieis aos oficios relixiosos, sendo tamén mensaxeira doutras finalidades. “Louvar a Deus”, chamar o pobo, chorar polos fillos defuntos, fuxida de tempestades, queimar raios e excitar aos preguizosos.

O son metálico eco, sabe levar acento lacrimoso ou alegría cando anuncia as romarías e festas. Lembremos os programas co volteo xeral das campás e o final, o disparo dos foguetes…

Lémbrome dos toques das campás a misa, a diario, nos festivos, toques de clamor cando as campás choran en enterros, ou cando se quedan en silencio no Xoves Santo, e estalan co toque de “Gloria”, etc.

Estas campás da Igrexa de Fornelos da Ribeira, durante tempos tiveron un significado especial, no toque de nubes, polas traxedias temidas e terribles na época dos nosos bisavós, avós e avoas, con nubes de primavera e verán que ameazaban en grande cos trebóns e pedrisco. Sementando a ruína das colleitas.

As ovellas asustadas, os vello de xeonllos, temerosos, rezaban ao santos avogados contra as tormentas. Aos santos de pedra…

O son das campás, que durante séculos foron o código de sinais, indicando os sucesos cotiás, o Alba, o mediodía, a oración, comunicando mediante volteo, chegando ata os recanto da aldea. Se efectuaban as sete da mañá, as doce do mediodía, e no momento de dar a última volta o pucheiro, antes de levarlle a comida o marido ao prado onde estaba traballando.

Había o toque de arrebato reservado aos incendios, pestes e guerras efectuados con rapidez para resaltar a emerxencia do desastre.

As campás da Igrexa de San Xoán de Fornelos, foron a principal fonte de comunicación dos nosos antepasados, e seguen alegrando as festas e romarías, ou chorando polos mortos. Elas, marcaron o ritmo de vida na freguesía.

Repenicaron tódolos domingos alertando dos perigos, cantaron alegrías, vodas, bautizos, aliviaron as despedidas, da agonía e dos mortos, modulando os sentimentos e as emoción dos veciños dende tempos inmemoriais.

Primer comentario

Deixa a túa opinión