
“Antes del derecho internacional están los derechos humanos y allí no se protegen”
Alberto Núñez Feijoo
Ao longo de toda a historia da humanidade sempre existiron imperios que baseaban a súa fortaleza no roubo e na explotación dos recursos naturais, económicos e humanos doutros pobos que non dispuñan da forza militar, ou da solvencia política e económica necesarias , para defenderse con éxito cando eran agredidos.
Un factor chave para que calquera política imperialista poida ter éxito nas súas ambicións expansionistas é a figura do colaboracionista local. Cando un país invade a outro ou trata de colonizalo economicamente, o resultado final da agresión dependerá, non totalmente pero si en boa medida, de se son capaces de mobilizar a favor da agresión a parte da poboación do lugar agredido que normalmente exerce de punta de lanza dos agresores, en ocasións con máis entusiasmo aínda que eles mesmos. Son os chamados sipaios .Este é un termo, curiosamente de orixe persa, que nas súas orixes facía referencia aos soldados indios que combatían nas ringleiras do exército colonial británico contra as lexítimas aspiracións de independencia e liberdade do pobo da India.
A evolución posterior do concepto espallouno de tal maneira que hoxe un sipaio é aquel habitante nativo de calquera pobo oprimido que combate contra a súa propia comunidade, a prol dos intereses do pobo que a oprime.
Un exemplo paradigmático da figura do colaboracionista, do traidor, do sipaio é a do mariscal de Francia Philipphe Petain. A evolución este suxeito é moi curiosa pois pasou de ser considerado un heroe nacional francés na primeira guerra mundial, na que dirixiu con éxito ao seu exército na terrible batalla de Verdún, a ser un indiscutible traidor que despois da entrada dos alemáns en París colaborou con eles presidindo o réxime monicreque de Vichy. Este réxime dedicouse a defender os intereses da potencia ocupante de todas as formas posibles, incluso coa creación dunha milicia terrorista que asasinaba, delataba e torturaba a quen era militante da Francia libre.
A posición de Petain non é nada novo na historia. Cando hai país agresor que agride a un país máis débil sempre se deron tres posturas posibles entre a poboación agredida:-A heroica, dos que lle fan fronte aos agresores. -A normal, dos que non queren ter problemas e miran a outro lado coa esperanza de que non lles toque a eles-A colaboracionista ,de quen colabora cos agresores.
Que posición das 3, dirían vostedes amigas e amigos lectores, adoptou a dereita española en relación á agresión terrible que está a sufrir Irán por parte do imperio que nos tocou padecer nesta etapa da historia e dos seus aliados sionistas?
A resposta non é difícil:adoptaron a mesma posición que o mariscal Petain, a posición de colaborar co agresor.
Esto é de tal maneira así que incluso cando o emperador ameaza directamente ao estado español,porque presuntamente o presidente Sánchez lle nega o permiso aos avións militares do imperio para usar as bases imperiais en territorio español para bombardear o país agredido, eles, patriotas de cagar entre o millo, ponse de parte de quen ameaza ao seu país.
Claro, eso queda un pouco feo dicilo, se cadra ata lles pode facer perder as seguintes eleccións. Entón recorren á estratexia á que recorren todos os miserables: A xustificación moral. E, en palabras de quen non é presidente porque non quere, a vulneración do dereito internacional que cometeron os estados terroristas que agriden estaría xustificada porque viría motivada pola intención de protexer os dereitos humanos do pobo iraniano vulnerados polo seu propio goberno.
Pero que tipo de parvada é esa¡¡ que forma máis vil de enganar á xente do líder da dereita española¡¡
Feijoo sabe perfectamente que os dereitos humanos non teñen absolutamente nada que ver nesta guerra. Esta guerra está motivada polo mesmo motivo que todas as demais: Esta guerra é para roubar, para roubar os recursos de outros. O que acontece é que a dereita española está exercendo o colaboracionismo a prol dos intereses do imperio, incluso cando o imperio ameaza directamente os intereses do estado español.
A única diferenza entre Petain e Feijoo é o contexto histórico, porque a realidade da súa posición é idéntica:Ambos son uns colaboracionistas.

Primer comentario