Antón Beiras
Vigo

A Asemblea Republicana de Vigo interpuxo unha querela contra Dolores Delgado, fiscal xeral do estado, e contra Jesús Gascón, director da Axencia Tributaria, por suposto trato de favor ao anterior xefe do estado. O avogado vigués Antón Beiras é quen presentou a demanda no Tribunal Supremo. Nós achegámonos ata o seu despacho a conversar con el. Velaí vai o que deu de si a nosa visita

No Cerne desta querela non está o debate entre a monarquía ou a República. Está a existencia dunha monarquía que non funciona cos estándares esixibles. Un monárquico demócrata ten que apoiar a querela […]