Para que serven as medallas olímpicas?
No momento de escribir este artigo estanse a disputar os xogos olímpicos de Tokio nos que Xapón, o país organizador, investiu a inmensa cantidade de 30.000 millóns de dólares. Esta competición deportiva celebrada cada catro anos debera terse producido o ano pasado pero as circunstancias sanitarias, que afectan a toda a humanidade, obrigaron a que sexan no presente 2.021, malia que se disputan en condicións excepcionais pois as competicións ou ben non teñen público ou ben un aforo moi reducido […]