Adxudicada a obra de ampliación e mellora do vial público en Duca

Concello de Ponteareas A Nova Peneira

O concello de Ponteareas ven de adxudicar por 128.109,04€ o proxecto de ampliación e mellora do vial público en Duca, parroquia de Santiago de Oliveira.

Con esta nova adxudicación o goberno de Ponteareas pretende dotar dunha axeitada accesibilidade á zona de actuación posto que o camiño existente na actualidade apenas permite o paso dun vehículo lixeiro non sendo suficiente para o acceso, por exemplo, de vehículos de emerxencias.