Toda a oposición de mos unida fronte ao proxecto do centro comercial nos montes de Tameiga

Oposión centro comercial montes da Tameiga Concello de Mos A Nova Peneira

Si amigas e amigos, non se deixen enganar porque ao fin e ao cabo ese é o problema real. O pasado 16 de xullo desenvolvíase un pleno exrotraordinario convocado polo goberno de Mos, ao que só acudiron os representantes do PP e que tiña como único punto na súa orde do día o tratamento da suposta trama de facturas falsas, o presunto intento de estafa colectiva consistente en cobrar á veciñanza de Mos os recibos dunha inexistente empresa de augas. Ningún dos tres partidos da oposición acudiu ao pleno paripé no que se pediu a dimisión da directiva da comunidade de montes de Tameiga e do portavoz de GañaMós “brazo político da comunidade de montes”, como se fose algo reprobable que un partido político asuma unha posición política nun asunto que xorde dunha decisión política.

A comunidade de montes de Tameiga, recollendo o sentir case absoluto dos seus comuneiros e comuneiras mantén unha rotunda oposición ao disparatado proxecto de arrasar cos seus montes para construír un centro comercial ,e eles van ser o inimigo a bater polo goberno municipal, neste período no que por desgraza para os e as mosenses, conservaron por unhas poucas ducias de votos a 9 acta na corporación. O tema deste presunto episodio de facturas falsas, sometido a investigación xudicial pero sen que exista ningún imputado, por algo que o sentido común indica que quedará en nada, porque nada parece máis ca unha pouco afortunada campaña publicitaria, non é nada máis que a escusa que utiliza o PP para disparar contra o seu inimigo:” a comunidade de montes de Tameiga”.