O BNG de Mos acusa ao PP de “gastar sen control” tras acumular 1,8 millóns de euros en facturas impagadas

O goberno de Nidia Arévalo bateu o seu propio récord co recoñecemento extraxudicial de crédito aprobado no último pleno

A interventora municipal advertiu sobre irregularidades no procedemento e posibles fraccionamentos de contratos

Mos,28deabrilde2026.

O portavoz do BNG no Concello de Mos, Gustavo Barcia, manifestou a súa preocupación pola “nefasta xestión económica” do goberno de Nidia Arévalo trala aprobación, no último pleno, dun recoñecemento extraxudicial de crédito de preto de 1,8 millóns de euros. Con esta cifra, o PP bate o seu propio récord,superando en 281.000 axa de por si elevada contía do ano pasado.

“O recoñecemento extraxudicial de crédito é unha ferramenta excepcional que debería utilizarse só en ocasiones excepcionais”, sinala Gustavo Barcia, “pero o PP recorre a este procedemento para afontar gastos cotiás”. De feito, a partida máis avultada correspondea

300.000 euros en facturas da luz. De xullo a decembro de 2025, o goberno municipal deixou sen pagar este subministro.

Segundo o portavoz do BNG, “a acumulación de facturas impagadas pon de manifesto a falta de control no gasto e a ausencia total de previsión do equipo de goberno”. Na súa opinión, resulta especialmente“caótica”axestión da Concellería de Cultura, onde teñen a súa orixe moitas destas facturas. “Pese a ter maioría absoluta e unha concelleira con dedicación exclusiva”, indica Barcia, “o PP foi incapaz de aprobar o plan cultural en 2025”. Isto obrigou ao Concello a asumir moitos gastos para os que non existía partida orzamentaria.

Outros dos gastos máis rechamantes son os derivados da festa de pre fin de ano, que ascenderon aproximadamente a 40.000 euros; os 35.000 que custaron as orquestras da Festa da Rosa ou os máis de 17.000 correspondentes a facturas relacionadas coa etapa da Vuelta que non chegou ao alto de Herville. Aínda así, Barcia avirte de que o desembolso total foi aínda maior, “xa que non se inclúen todas as facturas relacionadas con estes eventos”.

Informe de intervención

O Partido Popular levou a pleno este recoñecemento extraxudicial de crédito para levantar o reparo suspensivo emitido dende a Intervención municipal. No seu informe, o departamento encargado de fiscalizar as contas do Concello de Mos sinalou que o goberno estaba saltándose

os procedementos mínimos que esixe a lei de contratación pública. A interventora denunciou que o goberno só lle dera un par de horas para analiazar toda a documentación e advertiu, ademais, de posibles irregularidades como ausencia de trámites, falta de control no gasto ou fraccionamientos de contratos.

Primer comentario

Deixa a túa opinión