Mulleres en Acción – Violencia Zero trae á Guarda a peza «Rosa» de Nuria Sotelo

mulleres en acción a nova peneira

A Guarda, 22 de xullo de 2019

O vindeiro xoves día 1 de agosto a Praza do Reló da Guarda acolle unha nova acción da Campaña Mulleres en Acción – Violencia Zero promovida dende a Deputación de Pontevedra e na que colabora o Centro de Información á Muller da Guarda(CIM).

Esta actividade duns 20 minutos de duración, que terá lugar ás 21:00h na Praza do Reló, contará coa representación da peza «Rosa» da artista Nuria Sotelo, unha acción de danza-teatro na que se aborda, a través do movemento da intérprete e da mobilización espacial do público, conceptos sexolóxicos como a intersexualidade, a convivencia entre sexos e os rasgos e modos dos suxeitos, pondo en cuestión xerarquías e preconceptos establecidos.

NURIA SOTELO

Intérprete de danza e teatro, buscadora de linguaxes escénicos e impulsora da Cía. de danza-teatro Licenciada Sotelo.

Ligada á danza dende a súa infancia a través do ballet , continúa coa súa formación en danza contemporánea nas Aulas de danza e Teatro de las Universidades de Santiago de Compostela e Ourense así como en workshops internacionais.

Como intérprete traballa en compañías de danza e de teatro:

Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimentadanza, Teatro Resoante, Elefante Elegante, Matarile Teatro.

Premios:

Certame Coreográfico de Madrid 2017: premiada como coreógrafa pola peza Ensayo amor

Premio de interpretación Maruja Villanueva 2017 do Concello de Padrón

Combina actividade escénica coa docencia nos campos do corpo, danza e a creación escénica, traballando con adultas, adolescentes, profesionais da escena, grupos de integración e familias.

Actualmente inmersa no proxecto “A Casa Vella”, espazo residencia artística e infiltración social a través do corpo e o arte no rural alaricano.

Contacto: Jorge Alonso (686 096 412)

prensa@aguarda.es

Para as redes sociais empregaremos os seguintes hashtag #aguarda #ViolenciaZero #MulleresenAcción #igualdade #CIM #muller