Dentro
do programa #AVeciñanzaConta, onte celebrouse unha nova reunión,
nesta ocasión coa directiva do Clube Ciclista do Rosal.
Clube
implicado desde hai anos no ámbito deportivo do noso Concello. Nesta
reunión falouse do futuro da asociación, dos próximos orzamentos
municipais e nos vindeiros proxectos nos que están inmersos.
Son
moitos os nenos e nenas que forman parte dos equipos base, inculcando
desde pequenos o esforzo, a paixón e o traballo en equipo. Desde
este gran clube saíron grandes profesionais do ciclismo e espéranlle
moitos máis éxitos nos vindeiros anos.
Escoitar, colaborar e
traballar son pezas claves para coñecer de primeira man o traballo
que fan as asociacións do noso pobo.