O Campus de atletismo recibe a visita do deportista internacional Fran Casañas

Campus atletismo Tomiño A Nova Peneira

O campus de atletismo conta con 67 participantes e finaliza o vindeiro 30 de agosto

Tomiño, 22 de agosto de 2019

Os participantes do campus de atletismo organizado polo Concello de Tomiño, recibiu na mañá de onte ao deportista internacional Fran Casañas.

O campus de atletismo comezou o pasado 19 de agosto con 67 inscritos e finalizará o vindeiro día 30 de agosto. Impartido pola Sociedade Atlética Trega, o campus é unha oportunidade de iniciar aos nenos e nenas nesta práctica deportiva. Un deporte que traballa as habilidades motrices mediante as súas diferentes especialidades como son as carreiras, os saltos e os lanzamentos.

A visita de Fran Casañas forma parte do programa do campus e pretende que os participantes coñezan de primeira man a experiencia de deportistas profesionais. Fran Casañas é lanzador de disco e conta no seu haber con diferentes títulos entre eles como Campeón de España Universitario de lanzamento de disco nos anos 2017 e 2018. Ademáis, a nivel internacional participou nos xogos olímpicos de Sídney (2000), Atenas (2006), Pekín (2008), Londres (2012) e Rio de Janeiro (2016). Toda unha referencia no mundo do atletismo e que supuxo un aliciente para os nenos e nenas que se inician nesta práctica.

O Concelleiro de Deportes, Fran Campo, destacou “a importancia do deporte como hábito de vida saudable. Unha práctica que debemos fomentar dende a infancia”.