Clemente Bastos “ Tito” un home tranquilo

tranquilo Cesantes A Nova Peneira

Non creo que haxa ninguén na comarca de Redondela e case me atrevería a dicir que en toda a provincia de Pontevedra que non coñeza o Bar Tranquilo de Cesantes. Cando eu era neno, gozaba ceando cos meus pais alí, a carón da de Roxelio , da de Farruca da de Nola, e agora que son home, sigo gozando ceando alí coa miña filla. Tito, é o seu propietario e bo amigo da Nova Peneira.

Canto tempo levas traballando no bar Tito?

Toda a miña vida, eu nacín aquí

Pero algo máis na túa vida farías?

Si ohh, tamén estiven na construción na automoción e no mar, pero sempre que traballei, de feito na construción traballaba toda a semana fóra, cando volvía axudaba no tranquilo

Cantos anos de historia ten o bar?

Arredor de 70, como sabes fundouno a miña avoa Palmira, malia que levamos arredor de 20 anos pechando en inverno. Agora mesmo abrimos en Maio e pechamos en Outubro

Ti supoño que terás o costume de comer todo o ano, que fas desde novembro a abril?

Estou no mar e axudo á miña muller no seu negocio de Puxeiros

Ben, e que tal é Montse como xefa?

A miña muller é unha persoa marabillosa e eu agradézolle moitísimo a súa paciencia e compañía.

Ti es unha persoa nova, pero levas xa máis e 30 anos no sector non estás canso?

Imos ver a meu sector é moi escravo, eu só abro en verán pero son 150 días sen descansar nin un só día; mañá tarde e noite. E non, de momento non estou cando, gústame moito o traballo e a miña implicación emocional co Tranquilo é tan intensa que aínda me queda corda para rato.

Como é o voso sistema de traballo?

Nós sempre traballamos con cinco produtos básicos: Mexillóns, Navallas, Zamburiñas, Peixiños, calamares e pementos de Padrón, sempre con materia prima de primeirísima calidade. E logo adaptámonos ás necesidades do cliente, o que nos pidan nós preparámosllo

Que horario tedes?

Desde as 12 da mañá ata peche

Cantas persoas traballades aquí?

Entre catro e seis

O persoal cámbialo cada ano?

Non, procuro que sempre sexa o mesmo

E en inverno porque non abres?

O local non está preparado para o inverno

Ti tes nenos pequenos, este é un negocio que consideres para o seu futuro?

Eu para os meus fillos quero o mellor do mundo e sobre todo e ante todo quero que sexan felices. A min gustaríame que o Tranquilo continuase despois de min, malia que eu aínda teño corda para rato, pero preferiría que os meus fillos traballasen noutra cousa, aquí é preciso dedicarlle infinidade de horas, e ás veces algún cliente non comprende que nós somos tamén humanos e precisamos descanso. O traballo é moi intenso, pero quero deixar claro que é enormemente gratificante

O perfil de clientes que máis abunda?

Veñen turistas, pero fundamentalmente xente da comarca de todo tipo de estratos sociais. E o que máis orgulloso me fai sentir, que a visita ao Tranquilo e un costume que se espalla de xeración en xeración. Ás veces veñen netos de clientes antigos que se emocionan e me fan emocionar cando nos contan que os seus avós xa eran clientes nosos

O que tedes e moitos, verdade?

Afortunadamente, o amor que sentimos polo nos traballo, creo, con humildade, que dá os seus froitos, e podemos conservar a unha gran cantidade de clientes que máis que clientes podo dicir que xa son os nosos amigos