Victoria Alonso reta a Arévalo a unha auditoría externa e lle di: Na empresa privada non duraría nin 2 días. Vendería e non sabería cobrar, compraría e non pagaría

PSOE a nova Peneira Concello de Mos

No pleno de Mos do pasado Martes, entre outras cousas, tratouse a aprobación da conta xeral do ano 2018. Onde o partido socialista se opuxo firmemente a estas contas que o goberno aprobou en solitario.

A voceira do partido socialista en Mos Victoria Alonso, puxo en dubida a boa xestión que o goberno de Mos esta a facer respecto as contas presentadas. Nomea cuestións coma que no informe de intervención no apartado remanente de tesourería aparecen dereitos pendentes de cobro por valor de case 5 millóns de Euros nos anos anteriores e 850.000€ do ano 2018.

Afirma que Mos ten máis dun 70% de saldos pendentes de cobro, 20% máis da media dos concellos remitíndose o consello de contas de Galicia. Recalca que unha das medidas a tomar no informe de intervención é intentar reducir os dereitos pendentes de cobro e non depender so das subvencións.

Alonso di que pola banda das subvencións a alcaldesa no ano 2018 non recibiu o que tiña previsto e pídelle que faga unha mellor xestión destas no 2019, porque ou esta enganando a veciñanza ou non fai tal boa xestión das subvencións coma ela alardea.

A portavoz socialista felicita a alcaldesa pola redución da débeda bancaria, recalcándolle que é moi doado, se para facelo deixa de pagar as facturas necesarias para o funcionamento do concello.

Volve facer referencia o informe de intervención para afirmar que ten obrigas recoñecidas pendentes de pago de case 3 millóns de Euros e case 500.000€ pendentes de aplicar os orzamentos. Un 25% pendente de pagar na recollida do lixo, 22% en benestar social, 20% na axuda a domicilio, 23% pendente en cultura, case 50% en deportes e un 70% en saneamento.

Afirma que os colectivos e acredores deixan de recibir os ingresos do concello de Mos pola súa mala xestión, as familias de Mos non reciben os pagos do concello e desta maneira fai que se reduza a liquidez dos veciños e veciñas. Menciona que a lei a obriga a pagar a provedores a 30 días, e o concello de Mos ronda unha media de 150.

Victoria Alonso reta a alcaldesa de Mos a que se todo isto que esta afirmando non é certo, demóstrello a veciñanza de Mos facendo unha auditoría externa. Dille que menos mal que leva 20 anos na administración pública, porque na privada non duraría nin 2 días. Vendería e non sabería cobrar, compraría e non sabería pagar.