A xustiza desmonta as acusacións de Arévalo

Nidia Arévalo Concello de Mos Tameiga A Nova Peneira

Comunicado sobre o sobreseimento dictado polo Xulgado nº2 de Porriño da causa contra case unha veintena de veciños e veciñas de Tameiga motivada polas denuncias de Nidia Arévalo. A xustiza considera que non houbo ningún delito por parte dos asistentes que querían acceder ao acto do Multiusos das Pozas o 24 de setembro do pasado ano. Adxunntamos dilixencia do xulgado.

  • O xulgado nº2 de Porriño considera que a veciñanza de Tameiga acusados por Nidia Arévalo non cometeron ningún delito.
  • Nidia Arévalo e a policía local encargáronse de sinalar aos case veinte veciños denunciados, a maioria deles membros das directivas das Comunidades de augas afectadas, da Comunidade de montes de Tameiga ou dalgunha das forzas políticas que rexeitan o proxecto da construcción dun  Macro Centro Comercial nos Montes de Tameiga.
  • A xuiza de xulgado nº2 de Porriño rexeitou todas as acusacións de Nidia Arévalo contra case unha veintena de veciños e veciñas de Tameiga que asistiron a o acto do Multiusos das Pozas o 24 de setembro do ano pasado. 
  • A xuiza acorda o sobreseimento da causa e considera que non houbo ningún delito, que non houbo perturbación do orden nin intención algunha de atentar a paz pública.

Despois da cancelación do acto do 24 de setembro no Multiusos das Pozas, Nidia Arévalo, utilizando o seu cargo de alcaldesa e de xefa da policia local, acusou a case unha veitena de veciños e veciñas de Tameiga de desordéns públicos e de alterar a paz. 

Ademais de denunciar personouse como a acusación particular usando o cargo de alcaldesa para contratar con fondos públicos os servizos legais dun coñecido avogado. Se Nidia Arévalo quería con esta manobra intimidar, amedrentar ou ensuciar a reputación destos veciños e veciñas, non o conseguiú, xa que a xustiza ven de dictar o sobreseimento da causa rexeitando as súas acusacións.

 A xuiza do xulgado nº2 de Porriño considera que “...non consta intención algunha por parte da veciñanza de atentar contra a paz pública (artículo 557 dO CP), nin existe tampouco perturbación no orden da Corporación…”. A xuiza confirma no auto que a identificación dos veciños investigados é realizada só pola Policía Local de Mos, distinguindo dous grupos, uns pertenecentes á “Plataforma Agua é Vida” e outros ao Partido Político “Gañamos”.

As directivas das asociacións cuxos membros foron inxustamente acusados esixen que Nidia Arévalo se desculpe públicamente e pida perdón por terlles imputado delitos inexistentes en multiples e reiterdadas  declaracións públicas.