Os socialistas de Mos reclaman a independencia das asociacións ante o uso partidista do Partido Popular

Concello de Mos 8 M A Nova Peneira

O partido socialista de Mos denuncia que dende o concello se esta presionando as veciñas de Mos que están nas asociacións do municipio, para asistir a un acto da Xunta de Galicia polo 8M o Sábado día 7 na cidade da cultura en Santiago. Dende a bancada socialista din non dar crédito ante este uso das administracións públicas para o beneficio dun partido político.

Ademais os socialistas fan fincapé en que a Xunta de Galicia e o Partido Popular nunca quixeron apoiar e participar nas actividades reivindicativas e manifestacións convocadas polas plataformas feministas da nosa comunidade.

A voceira socialista, Victoria Alonso di estar anonadada polo uso partidista da Xunta de Galicia e o partido Popular. Engade que xa sabe que esta é unha costume do Partido Popular, en facer un uso electoralista destas datas, xa que o ano pasado a alcaldesa de Mos fixo coincidir o desfile das comparsas de carnaval coa manifestación polo día da muller, a que ela acudiu por primeira vez.

Alonso remarca que as reivindicacións feministas non poden ser usadas en función das citas electorais e convida os dirixentes do Partido Popular a que realmente traten este tema coa importancia que merece, e sobre todo, que non usen politicamente as asociacións mosenses a favor das súas estratexias políticas.