Ante os graves feitos acontecidos no Congreso dos Deputados cos manifestantes do sindicato policial Jusapol, Esquerra Republicana, Junts per Catalunya, Euskal Herria Bildu, CUP, Bloque Nacionalista Galego, Más País e Compromís manifestamos:

BNG A Nova Peneira

Madrid, 5 de marzo de 2020

O noso apoio e solidariedade cos cargos políticos e persoal técnico tras os insultos e ameazas que sufriron onte nas inmediacións do Congreso. Denunciamos o ataque contra as liberdades, así como os insultos, intimidacións e ameazas dos policías do sindicato ultraJusapol contra as electas e electos de diferentes formacións independentistas e de esquerdas.Consideramos moi grave que se permitiraaos manifestantes ultras de Jusapol pasar o cordón policial e bloquear as entradas e saídas do Congreso dos Deputados, proferindo ameazas coas caras tapadas con pasamontañas e máscaras, con grillóns, petardos e bengalas, evertendo ameazas explícitas como “somos la Policía yla Guarda Civil, vais atener guerra”, xerando unha situación de auténtica tensión.Parécenos inadmisíbelque esta actuación se puideralevar a cabo non só coa pasividade da policía encargada da seguridade do Congreso e as unidades desprazadas para a custodia da manifestación, senón coa súa conivencia. Nunca antes a ningún colectivo se lle permitiumanifestarse desta maneira, nin a pensionistas, traballadores ou taxistas, polo que consideramos que existe un claro trato de favor da policía para cos seus compañeiros. Ademais, queremos denunciar o amparo político que os manifestantes recibiron da ultra-dereita política, quen participou e apoiado a manifestación pública e notoriamente unha vez pasadoo cordón, e entre insultos e ameazas a diferentes deputadas e forzas políticas. A lista dos ataques sufridos por parte da ultra-dereita contra electos de forzas independentistas e de esquerdas desde dentro e fóra do hemiciclo son innumerábeis e inadmisíbeis. Consideramos que chegou o momento de poñer freo a estas actitudes de acoso e ameaza constantes. Por todo iso, as formacións que asinamos esta denuncia, elevaremos unha queixa formal conxunta á Mesa do Congreso para que explique os criterios aplicados e o trato de favor mostrado con Jusapol que non se tivo con outros colectivos. Para que aclare e exixa as correspondentes responsabilidades aos servizos do Congreso por permitir esta grave situación e pola súa negativa para facilitar que a deputada Laura Borràs puidese abandonar o Congreso con seguridade. Por último, instaremos a que a Mesa tome medidas para que os ataques continuados da ultra-dereita contra determinados electos e electas, xa sexan estes dentro ou fóra do hemiciclo, cesen de inmediato. Igualmente levaremos esta denuncia á Xunta de Portavoces do Congreso.