O alcalde recorta o mantemento das depuradoras de 30.000 a 13.675 €, o que aumentará o deterioro do río Tea

Alternativa por Mondariz Orzamentos A Nova Peneira
Xoán C. Montes Bugarín

Mondariz, a 3 de agosto de 2020

AporM vota en contra dos orzamentos do BNG polos recortes en igualdade, asociacionismo, limpeza e saneamento

Alternativa por Mondariz (1.037 votos) vén de votar en contra dos Orzamentos presentados ante o Pleno polo alcalde do BNG (687 votos). O noso grupo aprecia un incremento notable do gasto que vai en contra da austeridade que o goberno encabezado polo BNG tanto proclama. Pola contra constátase unha diminución en partidas que resulta alarmante. Unha delas é a dedicada á limpeza das dependencias municipais, que pasa de 42.000 € no 2017 a 33.500 € no 2020. En tempos de alarma sanitaria isto resulta sorprendente.

No campo das políticas de igualdade a situación é idéntica: de 9.100 € no 2017 a 5.200 € no 2020. E en Dinamización Lingüística de 4.500 € pásase a 1.500 € no 2020. Nos cursos de formación non se reduce demasiado, pero pasa de 10.000 € a 9.400 €, unha decisión política errada polo delicado momento laboral que atravesamos.

Alternativa considera superfluo o arrendamento da varredora: 6.190 € ecuestiona o dedicado a saneamento: pásase de 30.000 € a 16.520 € no 2020. Considera así mesmo que se perde a oportunidade de investir no rural en temas de suma necesidade como internet nun tempo nos que o teletraballo se impón paulatinamente. No mantemento da depuradora pásase de 30.000 a 13.675 € no 2020.Para AporM é primordial evitar por todos os medios vertidos ao río, o que esixe aumentar os recursos. 

Son palpables tamén as rebaixas nas axudas ás asociacións seguindo o que o goberno chama “de maior interese de estratexia municipal” Alternativa xa as consideraba escasas e agora son máis. En resumo: “uns orzamentos errados que non responden ás necesidade de Mondariz e non permiten falar dunha distribución intelixente, proporcionada e xusta do gasto” en palabras de Montes Bugarín.

Asociacionismo

BNG e PSOE tamén pretendían reducir o 50% das subvencións que ata agora recibían as asociacións representativas dos veciños. “Ata o de agora as asociacións recibían un mínimo de 300 € do Concello para axudalas no seu traballo. O alcalde pretendía reducir ese importe á metade na maior parte dos casos” destaca Calis. Noutros casos, como o da Banda de Música, o goberno municipal pretendía recortar a súa aportación de 11.000 a 9.900 € e no caso da asociación Castromao de 4.000 a 3.600 €.

Débeda municipal

Alternativa por Mondariz considera oportuno recordar a débeda coa que se atopou no momento de porse ó fronte da Alcaldía: 614.547’97€ fronte ó REC do actual goberno de 364.912’72€. O xeito de encaralo por parte de Alternativa foi dun traballo inmediato para xestionalo no canto de laiarse.

A débeda do Centro de Día non é unha débeda histórica. Parte de xullo de 2017, dado que non había partida orzamentaria e descoñecíase a opción de reclamación como pasou coa débeda histórica de case 300.000€ que a Xunta cancelou no noso mandato. O goberno encabezado polo BNG aporta unha partida de 94. 625€ para o Centro de Día e afronta un REC de 364.912’72 €, inferior ó montante co que se topou Alternativa de 614.547’97€. Iso é: 189.311’99 € de pago de facturas en decembro+REC en xaneiro de 425.235’98€

Está clara a lectura destes datos e o distinto xeito de encarar a situación económica recibida que para AporM non foi outro que unha xestión eficaz en beneficio do pobo.