A partires do triunfo del golpe en Vigo, as detencións masivas de homes e mulleres foron constantes e diarias. Non só se detiña a persoas significadas de partidos e sindicatos, funcionarios públicos, ou simples afiliados e simpatizantes, senón tamén a calquera veciño que fora sospeitoso de apoiar a legalidade republicana. Foi preciso habilitar unha nova prisión, utlizandose para iso o edificio do Frontón Vigués que se atopaba na rúa Maria Berdiales.
O Frontón era un espazo de moita altura,rectangular, duns 80 ou 100 metros de longo por uns 20 ou 25 de ancho, cun patio ao aire libre no lado oposto a onde estaba o frontón . Tiña uns muros de moita altura que impedían calquera posibilidade de fuga. Alí os detidos recibían a comida que lles levaban os seus familiares, día tras día e sempre coa angustia de que os carceleriros lles dixeran que xa non poderían darlla porque o preso fora trasladado a Pontevedra ou á Illa de San Simón, sinal inequívoca de que o seu cadáver aparecería morto e cheo de balazos na estrada de Puxeiros, nos muros do cemiterio de Pereiro ou en calquera cuneta da bisbarra da cidade.
Do Frontón sairían moitos presos para ser asasinados. Falanxistas locais, como Guillermo de Oia-Garcia Barbón, Fernando Hylas, Torrado ou Enrique Rodríguez Cantero, chamado “Tajuelo” eran frecuentemente vistos nos seus coches con presos que nunca volverían ao Frontón nin a ningures.
Daquela siniestra prisión levaron para seren asasinados contra as tapias do cemiterio de Pereiro, un 27 de agosto de 1936 ás 4.30 da madrugada, a Martínez Garrido , Antonio Bilbatua, Ignacio Seoane, Apolinar Torres, Gil Santostegui, Heraclio Botana, Antela Conde, González Brunet e Manuel Rei. Foron á morte nun autobús que facía o servizo de viaxeiros entre San Miguel de Oia e Vigo. O condutor que se presentou orgulloso como voluntario para facer ese servizo chamábase Antonio Cerqueira.
[Introducción de Celso X. López Pazos, Asemblea republicana de Vigo]