O mesmo día 18 de xullo, sábado, a Alcaldía de Vigo , presidida por Emilio Martinez Garrido, publicaba un bando no que “reitera al vecindario la seguridad completa de haber sido totalmente sofocado el criminal intento producido fuera del territorio penínsular, fuertemente ahogado por el grito clamoroso que a estas horas vibra en todos los ámbitos del país ¡Viva la República¡. Trabucábanse.
A pesares de que a cidade estaba neses momentos en folga xeral e as rúas céntricas fervían ateigadas de traballadores que viñan, sobre todo da zona de Lavadores, para poñerse, coas armas na man se fora preciso, ao servizo da legalidade republicana, os militares facciosos ultimaban o golpe. Martínez Garrido, que confiaba en que Felipe Sánchez, comandante militar de Vigo, dicía a verdade cando lle garantizara que non se levantaría contra a República, decidiu non repartir armas entre o pobo tal como lle solicitaban os lideres sindicais e obreiros.
As 11.30 do luns 20 de xullo,o capitán Carrero Vergés obedecendo ordes de Felipe Sánchez, saia do edificio cuartel de Principe (hoxe o Marco) cunha tropa duns cincuenta homes para declarar o estado de guerra e poñerse ao servizo dos sublevados. A súa saída remataría na Porto do Sol, onde a letura do bando declarando o estado de guerra, ía provocar a alporizada resposta dos vigueses e viguesas alí concentrados. A resposta dos golpistas foi unha descarga de fusiles mauser contra a veciñanza. Vinte mortos e máis de cen feridos foi o saldo final do crime. No seu informe, o capitán Carrero, resumía o “incidente” cunha breve frase “Hemos hecho mucha sangre”
[Introducción de Celso X. López Pazos, Asemblea republicana de Vigo]