Procedería quizais facer un análise mais profundo do motivo que leva a moitas persoas traballadoras con idades que non están próximas a xubilación, obtén por abandonar o centro.
A “polinización” dos ERTE ERE en Citroen empregase como un mecanismo estrutural para a precarización das condicións das persoas traballadoras un ano si, e o outro ano tamén.
A CUT denuncia a manipulación do ERE e ERTE por parte da empresa, nunha estratexia clara para aumentar beneficios a consta da maioría da sociedade.
A dirección está a solicitar este ano 2025 un novo ERE e ERTE como se fose o pan de cada día. O que resulta especialmente indignante é que estamos a falar dunha empresa que en anos anteriores obtivo beneficios obscenos, mentres que agora intenta xustificar unha suposta baixada de ventas e de beneficios para seguir afondando en recortes e flexibilidade laboral.
O uso do ERE e ERTE debería ser unha medida excepcional, destinada a momentos de verdadeira necesidade. Sen embargo, a dirección da empresa está a utilizar estas figuras como unha ferramenta de flexibilidade e de destrución de emprego, no lugar de buscar alternativas reais para a estabilidade laboral. Non podemos permitir que a empresa se escude tras estas medidas para xustificar a súa avaricia e a súa falta de compromiso co benestar das persoas traballadoras e da sociedade en xeral.
É inaceptable asinar un ERE_ERTE candose permite e obriga a traballar as persoas traballadoras 6 días sobre 7, como este vindeiro sábado e a sexta xornada na quenda de noite.
Queda de manifesto que a empresa pretende utilizar o ERTE como unha forma de xestión de recursos humanos. Isto non só afecta a calidade de vida das persoas traballadoras, senón que tamén contribúe a un ambiente laboral tóxico. Máis aínda, a alta rotación de persoal eventual e os días de parada que experimentamos son un claro exemplo de como a dirección está a xogar coas nosas condicións laborais, sen pensar nas consecuencias que ten para a nosa saúde e conciliación familiar.

Estaría ben, que a sensibilidade cos insectos e seu benestar se trasladase tamén as persoastraballadoras.