Alberto Ardid Expón na sala Apo`Strophe de Vigo

Alberto Ardid Expón na sala Apo`Strophe de Vigo

O artista vigués , Alberto Ardid, inaugurou o pasado 16 de outubro a súa exposición 00:00 na sala Apostrophe da praza Elíptica de Vigo. Alberto é un mozo de Vigo, gañador da terceira edición do certame Plástika, o único concurso de arte que se celebra na nosa cidade. En 00.00 o artista sitúa a mostra nun eixo comprendido entre o tempo e a destrución como punto de partida para a creación de novas realidades. O talento de Alberto é motivo suficiente para que todo o que poida non dubide en achegarse ata a praza elíptica a gozar da súa obra. E así aconsellamos a os nosos lectores e lectoras que quen poida, non perda a oportunidade de coñecela.