[ANTONIO GIRÁLDEZ LOMBA | Historiador] Hei de recoñecer que nunca me gostaron moito os monumentos “ó soldado descoñecido” que hai en bastantes países. Eu coido que o primeiro que podemos facer cos soldados que loitaron coa súa vida por defender as leis ea dignidade dun pobo é dar a coñecer os seus nomes, contar a historia da súa batalla e explicar o porqué da súa loita. A ditadura de Franco, lembrando semper a súa vitoria na guerra civil , contou durante corenta anos a historia dunha guerra que xustificaba a existencia daquela ditadura. Xa antes de rematar a guerra, no ano 36, e dacordo coas autoridades eclesiásticas, a España de Franco establecía que nos muros das eirexas de tódalas parroquias se inscribiran os nomes dos soldados caídos en defensa da Cruzada e vítimas da revolución marxista, uns nomes que aínda hoxe lucen sobre una pedra de moitas das nosas eirexas. Acabada a guerra civil, na paz incivil de Franco, os vencedores seguiron axustando contas cos vencidos lembrándolles durante décadas quénes eran os patriotas e ónde estaban os traidores. Rúas, prazas, escolas, hospitais de pobos e cidades levaron durante moito tempoo nome dos militares golpistas e de dirixentes fascistas de primeira, segunda ou terceira fila. Aqueles nomes e aquelas inscripciones eran parte dunha historia que se nos contou durante 40 anos namentras durou o ditador, un ditador que impuxo coa man de ferro do seu réxime o silencio sobre o que lle pasara eo que pasaran os que optaran por defender á República.
[TERESA CAMPOS RODRÍGUEZ | Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36] Quero unirme a esta homenaxe e a estas 740 persoas ou máis, enterradas aquí en Pereiró, asasinadas polo réxime franquista, especialmente ao meu avó, Manuel Campos Méndezy aos seus irmáns, Julio e Camilo. Quero dicir con isto, que todos eles e moitos mais, pois son centenares, merécense as mellores homenaxes; placas en todos os lugares, ;de onde eran, sen que ninguén o impida, xa que os asasinos tiveron as súas honras, medallas e placas en cemiterios e igrexas Un pobo refugo por uns famentos de poder; anos escuros cheos de sufrimento e miseria. Un pobo que quixeron que fora de atrasados; non podía haber un listo. Os listos eran só eles.
[AMALIA COLLAZO | Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36] O mesmo que ocorreu con outros xenocidios, queremos que o xenocidio que se levou a cabo en Galiza poda ser recordado sempre. Con placas, con pedra do país, con versos, con flores, con información, con liberdade. Isto é lexítimo e, nesta cidade e a día de hoxe, hai quen ten a baixura moral, e a indignidade de opoñerse. ¿Vedes esa placa, que lembra a centos de cidadáns que deron a súa vida defendendo a un goberno lexítimo? ¿Vedes esas verbas dun home – Heraclio Botana- pedindo que o recordemos? Esa pedra debe servir de faro contra a barbarie e a intolerancia, de recordatorio dos ríos de sangue que asolaron o noso país, de memoria para todas as familias as que o fascismo destrozóu e tamén para a xente nova. Agora está no chan. Nunha cidade cun goberno de esquerdas e un alcalde do psoe, as víctimas do fascismo non poden ser recordadas como merecen. [MÓNICA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ | Bisneta de Manuel del Río] Un ano e pico antes do golpe de estado, o meu bisavó á beira da miña bisavoa, Teresa Hermo Millán, enterrada neste cemiterio,foi xunto con outros catro homes á Unión Sovietica, para coñecer de preto e in situ, o “paraíso dos traballadores”; á súa volta fixeron publicidade e diversas charlas sobre as vantaxes da devandita proposta política para a clase traballadora.Esta vinculación co mundo sindical supúxolle ao meu bisavó problemas coas autoridades polo que foi detido en distintas ocasións. Considerábano un perigoso líder revolucionario, xa que dentro dun grupo profesional como o dos tranviarios, a súa colaboración contribuia a colapsar todo o transporte da comarca. O 30 de xullo de 1936 foi detido. Ao día seguinte, sen tempo material para que o seu avogado lese a documentación e menos aínda para preparar unha defensa, se leva a cabo o xuízo…”PENA DE MORTE”. O xoves día 6 de agosto de 1936, ás cinco da madrugada, o piquete de execución fronte aos muros do castelo do CASTRO, estaba disposto para levar a cabo esta execución. Unha vez executada a sentenza o seu corpo foi entregado no depósito do cemiterio de perir, onde o seu encargado debería facerse cargo do cadáver ata o día seguinte comprometiendose a que ninguén dispuxese do sen autorización precisa da autoridade militar.