O peche do zoo de Vigo, unha débeda pendente que chega ao seu fin

Ecoloxistas en acción Galiza

EeA Rías Baixas – Vigo manifestan a súa ledicia pola reconversión do modelo zoolóxico vigués a un proxecto educativo


A organización está pendente de recabar información para coñecer o destino dos animais e os detalles do proxecto

Ecoloxistas en Acción Vigo agradece que, por fin, logo de anos de denuncias polos incumprimentos reiterados no recinto zoolóxico, o concello de Vigo decida a recorversión dun espazo que atentaba ao enestar animal e á falla de ética que, na actualidade, conleva o mantemento destes lugares.

O incumprimento da Directiva sobre parques zoolóxicos alertou, hai moitos anos, a distintas organizacións que traballaron para evidenciar a necesidade de desmantelar o zoo vigués. A Directiva esixe que se efectúen inspeccións por parte do órgano competente da Comunidade autónoma para asegurar cos animais viven en situacións axeitadas e que os parques zoolóxicos contribúen a obxectivos de educación e conservación.

No ano 2007 a Comisión Europea abría un expediente a España porque once Comunidades autónomas, entre as que se atopaba Galicia, incumprían reiteradamente o mandato da norma. Por iso, un ano despois en vista do caso omiso que fixo o Estado, Europa envía un dictámen motivado antes da imposición dunha multa por incumprimento legal. Pese
a esta situación, o concello vigués celebra o 40º aniversario do zoo no ano 2011 con diversas irregularidades no expediente: cuestionamento da tenencia de licenza municipal de actividade, titularidade dos terreos onde se asenta que reclamaba a comunidade de montes de Teis, instalacións pechadas ao público por falta de autorización ou o incumprimento da normativa que avala o envío de información ambiental.

Eran moitas as voces que esixían a clausura do zoo pola falta de seguridade e conservación. “Agora, por fin, podemos considerar finalizada unha etapa de crueldade de cara aos animais e de seguridade para as persoas visitantes a un espazo ilegal”, din as ecoloxistas.