Posicionamento CUT Citroen axudas desestimadas Fondos PERTE

Cut central unitaria de traballadores citroën

Dende a CUT Citroen lamentamos que a empresa presente plans sen que a representación legal sexa coñecedora dos mesmos, dunha solicitude dos fondos PERTE (43 millóns que, insistimos a representación social non sabemos para que son), e que ao parecer son rexeitados polo estritas que son as bases, e que non poden gastar os cartos públicos como queren e cando queren.

Denunciamos o pouco interese que ten esta dirección en formar un fronte común coa representación social para reclamar inversións. Na CUT estariamos en disposición de dar o visto bo a estas axudas sempre e cando redundaran na diminución das cargas e ritmos de traballo, no acondicionamento ergonómico do útil industrial para evitar as lesións músculo-esqueléticas, na climatización das instalacións para evitar o estres térmico tanto no inverno como no verán e sobre todo para eliminar a precariedade contractual, onde case a metade da plantilla indefinida ten un contrato a tempo parcial. Si pola contra estas axudas publicas son unicamente para aumentar a produtividade a consta do esforzo, saúde e deterioro das condicións económicas e laborais das persoas traballadoras, ou mesmo si estas serven para a externalización ou eliminación de postos de traballo, a CUT posiciónarase na defensa dos interese das persoas traballadoras.

Pese a incorporación de tódalas factorías do grupo FIAT, a fábrica de Vigo sigue a ser a máis produtiva do Grupo Stellantis, si temos en conta entre outros o ratio vehículo fabricado por metro cadrado de factoría. O que redunda nun aproveitamento extremo do útil industrial.

Criticamos o descoñecemento do proxecto concreto solicitado no PERTE, denunciamos á actitude da empresa coa ausencia de información a que temos dereito legal a información de inversións que podería posibilitar unha maior carga de traballo, a afectación sobre o emprego …

Das axudas solicitadas descoñecemos si son inversións única i exclusivamente para o centro de Vigo, ou despois os avances tecnolóxicos aparellados se desviaran a outras factorías, lembremos as axudas publicas da Xunta de Galicia para o vehículo eléctrico eK9, e que tamén se esta producindo noutras fabricas.

Ou si das tecnoloxías desenroladas pola universidade, polo CTAG, … son “privatizadas” a consta do erario publico e que despois o grupo ten notables beneficios.

A empresa incumpre reiteradamente as obrigas legais de información como xa foi requirida pola Inspección de Traballo

Lamentamos que non teña interese nun dialogo social, que si a dirección quere que todo o colectivo puxe no mesmo sentido tome tamén en consideración as relacións laborais, e non solo das administracións e cargos políticos.