Denuncian as malas prácticas de Naturgy coa complicidade de Medio Rural

Denuncian as malas prácticas de Naturgy coa complicidade de Medio Rural

ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES

A ORGACCMM rexeita a actuación da Consellería de Medio Rural, quen ameazou a comunidade de montes de Teis con abrirlle un expedente sancionador ante unha denuncia da empresa Naturgy que non se axusta a realidade, xa que non e certo que a comunidade de montes de Teis lle impedira o paso para que operarios de dita empresa xestionar a biomasa forestal baixo as liñas de alta tensión.

Sinalan que pola contra, nada di Medio Rural de abrir expedente sancionador a Naturgy, empresa responsable da xestión da biomasa forestal, por incumplir a vixente lei de prevencíon e defensa contra os lumes forestais.

_”Naturgy non comunicou a comunidade de montes de Teis a entrada no seu monte para realizar os traballos. Non retirou nin triturou os restos da biomasa forestal deixando unha grande cantidade de combustibel no monte.

Actúan como se o monte fora deles coa complacencia da Consellería de Medio Rural quen volve a amosar o desprezo hacia a veciñanza comuneira.”_ subliñan desde a Organización Galega de Comunidades de Montes.
Ademais a empresa responsabel da xestión da biomasa forestal eliminou unha vexetación de frondosas de idade madura que estaba prantexada como un corredor vexetal contra os lumes forestais. Unha plantación de frondosas que foi subvencionada pola propia Consellería do Medio Rural.

Plantación de frondosas autóctonas que tamén tiña como obxetivo erradicar a acacia, especie invasora que está colonizando o monte galego.

A Organización Galega de Comunidades de montes (ORGACCMM) manifesta o seu apoio a comunidade de montes de Teis e reclama á empresa Naturgy que respecte o monte veciñale no fagan unha interpretación retorcida e interesada da lei de prevención e defensa contra os lumes forestais.

“Na loita contra os lumes forestais, o interese xeral deben estar por riba dos intereses e negocios particulares”_ recalcan desde a organización comuneira.