Esixen á Xunta de Galicia menos drama co lobo e máis control das macrogranxas para protexer á gandería extensiva e tradicional

Esixen á Xunta de Galicia menos drama co lobo e máis control das macrogranxas para protexer á gandería extensiva e tradicional
  • Ecoloxistas en Acción instan á Xunta de Galicia a que deixe de usar ao lobo como distracción para ocultar a degradación da economía rural baseada na gandería extensiva e tradicional. Unha situación da que segundo a organización ecoloxistas é o goberno galego o máximo responsable pola súa permisividade coa proliferación das macrogranxas e a súa deficiente xestión ambiental.
  • A organización ecoloxista mostra o seu total apoio á inclusión de todas as poboacións españolas de lobo na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial.


Ecoloxistas en Acción denuncia que a Xunta de Galicia vive instalada nunha permanete sobreactuación dende que a protección do lobo foi anunciada polo Ministerio Para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico. Para a organización ecoloxistas esta dramatización carece de sentido, xa que os únicos claramente prexudicados por esta medida son os cazadores furtivos, quen verán incrementadas considerablemente as sancións por cazar ilegalmente esta especie.

Ecoloxistas en Acción sinala que un lobo protexido pola lei estatal implica maiores penas para os que cazan a especie ilegalmente, pero tamén máis recursos económinos por parte do estado para a implementación de medias preventivas efectivas e a oportunidade de explorar novos modos de convivencia co entorno natural. 

Aseguran que a ciencia xa foi clara demostrando que a caza do lobo non só non protexe ao gando, senon que fai, ao verse desestructuradas as mandas, que os ataques de lobo a gando se multipliquen cando este é sometido á presión cinexética. O Lobo é unha especie de depredador apical, que como superdepredador está dotado de mecanismos de auto regulación das súas poboacións, polo que unha superpoboación da especie non é posíble. 

Dende a entidade ecoloxista inciden en que a convivencia do sector gandeiro non só é posible senon imprescindible e para elo poñen o foco no seu proxecto “Vivir Con Lobos”, no que máis de 50 gandeiros de diferentes puntos do estado con presenza de lobo amosaron que a implementación de medidas preventivas é o método máis eficaz para asegurala convivencia do sector gandeiro en extensivo e a fauna silvestre. O que significa vivir coa natureza e non contra a natureza. 

A organización exoloxista lembra que é a Comisión Europea a que está a solicitar aos estados membros unha convivencia pacífica e sostible coa natureza por parte do sector primario a través da implementación e medidas preventivas financiadas a través da PAC (Política Agraria Común). 

Demandan á Consellería de Medio Ambiente que abandone o seu anacrónico inmobilismo político e promovan unha intensa campaña de educación ambiental que desterre a imaxe do lobo como unha alimaña e o visibilice como un depredador imprescindible  para o correcto equilibro dos ecosistemas peninsulares