Mes: Abril 2021

O Concello de Bueu acomete unha limpeza a fondo das beirarrúas do casco urbano

O Concello de Bueu arrancou este mércores cos traballos de limpeza a fondo das beirarrúas do casco urbano, que permitirán que estes espazos se atopen en mellor estado de cara ao seu goce por parte da cidadanía. Segundo salienta Félix Juncal, alcalde de Bueu e encargado da área de obras e servizos, “é importante que se realice esta limpeza para eliminar a sucidade e mellorar a imaxe da vila”.

Ler máis

QUEN SE CONSOLA NO DÍA DAS NOSAS LETRAS?

Hai, desde xa moito tempo, unha indixencia de saberes na política que se presenta asombrosa. Parece ser que aquela xente que nos representa, envolta en mil discursos, despois goberna en contra de nós e tal como lle peta. Non sei se é a súa apetencia de favores, ben remunerados, quizais un modo de comportamento suicida que nos agonía, ou ansias de domear desde o poleiro con certa prepotencia globalizadora

Ler máis

Saúde

O sábado 17 de abril, ás 13:00 horas e diante do monumento dedicado a Johan Carballeira en Bueu, celebrábase unha pequena mais sentida homenaxe a este periodista e político asasinado no mesmo día do 1937

Ler máis