A verbena piloto de Tomiño desenvólvese con total normalidade a pesar dunha feble chuvia

Verbena Tomiño

Vinte voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Tomiño; a Policía Local ao completo e un par de patrullas da Guardia Civil e Policía Autonómica, tiveron ao seu cargo garantir as medidas de seguridade para a celebración do evento, no recinto de festas do Alivio. As ganas de pasalo ben foron superiores ás pequenas molestias dunha climatoloxía algo adversa e os e as asistentes, moitos con paraugas, mantiveron a distancia de seguridade e demais normas establecidas para os grupos burbulla.

Os accesos ao recinto estiveron operativos desde as 20.00 horas con persoal de seguridade controlando o paso. Houbo en total catro puntos de acceso: dous para saír e dous para entrar. Dous deles aptos para persoas con mobilidade reducida.

No interior do recinto, ademais do persoal de seguridade axudando nesta cuestión, hai carteis informativos sobre como teñen que distribuírse os grupos burbulla,  limitados a 4 persoas conviventes.

O acceso ás áreas de estacionamento estivo aberto ata que as prazas estiveron completas. No caso do estacionamento situado fronte a entrada do campo de fútbol do Alivio, foi de uso prioritario para persoas de mobilidade reducida.

Verbena Tomiño