Mes: Xuño 2021

As entidades de memoria comezan as reunións para organizar a gran mobilización do 19X en Meirás

A Iniciativa Defende Meirás convoca unha xuntanza de entidades de memoria aberta a asociacións veciñais e culturais, sindicatos, organizacións políticas e outros colectivos da área metropolitana da Coruña que se celebrará o próximo martes, 8 de xuño, a partir das 18.30 horas no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, na rúa Olmos da cidade de A Coruña

Ler máis

A maxia da Galicia interior

Galicia é un fermoso país tal como describía Castelao na súa inmortal “Alba de Gloria” :”desde as chairas de Lugo inzadas de bidueiros até as rías de Pontevedra, cheas de piñeirais”. Tamén o interior da nación galega ofrece paraxes máxicas, de beleza superlativa, nas que é posible sentir o acougo do aloumiño lene das fragas limpas e dos ríos inmortais que dan vida ás verdes chairas como o sangue nos dá a vida a nós mesmos

Ler máis