Alternativa por Mondariz aposta por buscar unha solución que implique aos dous concellos, á Xunta e á Confederación

Alternativa por Mondariz Orzamentos A Nova Peneira

Calis rexeita a intención do goberno de Mondariz de “ir á guerra con Mondariz Balneario” polo problema da depuradora

Mondariz, a 07 de xullo de 2021

Contra Mondariz Balneario a única solución é ir á guerra”, con estas palabras, pronunciadas no último pleno ordinario polo concelleiro de obras Poldo Tato (BNG), sintetizaba a única opción que baralla o goberno local (BNG e PSOE) para solucionar o problema da utilización da depuradora situada en Mondariz Balneario que a Xunta de Galicia construíu en 2005 para tratar as augas sucias de 6.000 persoas (a vila balnearia ten 637 habitantes, segundo o IGE). A administración galega investiu daquela case un millón de euros na construción deste equipamento do que se beneficiarían ambos os dous concellos.

No ano 2015 o goberno de AporM tramitou as autorizacións necesarias para conectar o colector da rede de saneamento de Mondariz, que xa estaba en construción, á depuradora de Mondariz Balneario, pero a Confederación Hidrográfica desautorizou a conexión da rede mondarizá á estación de augas residuais argumentando que esta xa superaba o efluente autorizado, polo que non tiña sentido sumar un novo colector.

Montes Bugarín sinala que “o alcalde de Mondariz Balneario ten que entender tamén que si Mondariz non depura adecuadamente as súas augas sucias, Mondariz Balneario é un dos principais prexudicados, xa que as persoas que se bañan no Tea neste último concello sofren as consecuencias”.

A solución?, diálogo con todos

Polo tanto: “solución supramunicipal, dialogada coa construción dunha rede separativa de pluviais e fecais por parte da Xunta de Galicia, esas son as claves para solucionar o problema ao tratamento de augas residuais de Mondariz”, resume Montes Bugarín. “Na construción da depuradora participaron todas as administracións, polo tanto na resolución das discrepancias que xera a súa xestión tamén deben implicarse todas elas. Calquera outra alternativa será un xesto para a galería, pero non traerá unha solución ao problema”, concluíu.

A cerca de admin 54 Articles
Xornal galego de información xeral Publicación mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.