Ponteareas, 26 de xullo de 2019
O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, entregou os diplomas do curso federativo de monitor de fútbol base. Acompañado do concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, e de membros da Federación Galega de Fútbol entregaron os diplomas deste curso avalado pola Escuela Nacional de Entrenadores da RFEF, que a súa vez permite a convalidación do Bloque de Prácticas a realizar cando efectúen o curso federativo adestrador básico de fútbol.