Salvaterra a 30 de abril de 2026

A FALTA DE PLANIFICACIÓN NA CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS BAIXO A LIÑA 3 DO PLAN +PROVINCIA, NON PERMITIRÁ QUE SE CUMPRA O INICIALMENTE OFERTADO

Os socialistas denunciamos a parálise na que se atopa o concello de Salvaterra de Miño, nunha mostra máis de falla de previsión. Anuncian a contratación por 9 meses de persoal e agora, dado que van fóra de prazo, as bases indican “dende a firma do contrato ata o 31/12”. Isto, non fai máis que evidenciar “a falta de planificación e de traballo por parte do goberno municipal” sinala o portavoz municipal, Félix González.

Os postos de mozo/a de recollida de lixo, varredor/a , oficial albanel, bibliotecario/a e técnico/a de turismo, son os que se ían contratar por un período de 9 meses. 5 postos de traballo que se virán minguados no tempo, co que supón para atender os servicios municipais.

Só tiñan que aprobar unhas bases e facer unha selección, o problema de pago ven sufragado, neste caso, pola Deputación de Pontevedra dentro da Liña 3 do programa + Provincia.

“Non son prexudicadas so as persoas que acabarán sendo contratadas, polo duración do mesmo, senón que hai servizos que se ven afectados, como pode ser a biblioteca ou a oficina de turismo” sinala Félix González e ao mesmo tempo tamén indica “ao final o servizo de recollida de lixo ou de limpeza viaria farase coma en outras ocasións, pagando a unha empresa privada que cede ao seu persoal” /

O que ocorre con isto, é un síntoma máis de pasotismo do goberno municipal, como ocorre en outras áreas de xestión municipal.