Arbo, febrero de 2026
O Concello de Arbo organiza, con motivo da LXVI Festa dá Lamprea, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de abril de 2026, un programa especial de visitas guiadas gratuítas ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”, unha das propostas culturais máis destacadas dentro da programación oficial da festa.
As visitas, cunha duración aproximada de 45 minutos, desenvolveranse de venres a domingo e están pensadas para todo tipo de públicos. Ademais, existe a posibilidade de realizalas en distintos idiomas, co obxectivo de facilitar a participación de visitantes procedentes doutros puntos de Galicia, do resto de España e do estranxeiro.
As persoas interesadas poderán reservar praza a través do correo electrónico: museoarabo@concellodearbo.gal.
O Museo Arabo alberga unha completa exposición dedicada á Festa dá Lamprea ao longo dos seus 65 anos de historia, ofrecendo ao visitante a oportunidade de coñecer a evolución desta celebración, a súa importancia cultural e a súa proxección turística, que converteron a Arbo nun referente gastronómico a nivel internacional.
O percorrido museístico complétase cun espazo dedicado ás adegas de Arbo amparadas pola Denominación de Orixe Rías Baixas, así como á historia, tradicións, oficios e patrimonio que definen a identidade do municipio.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, destaca a relevancia desta cita e anima tanto a veciños como a visitantes a achegarse á vila durante estes días: “A lamprea é a nosa identidade. Desde hai décadas, Arbo é sinónimo de lamprea, e éo pola nosa historia e pola nosa xente. É un animal prehistórico que suca o río Miño e que foi capturado desde sempre polos habitantes de Arbo; xa en tempos dos romanos pescábase nos nosos ‘pescos’ e levaba ata Roma para o goce dos césares”.
O Centro de Interpretación do Viño e dá Lamprea “Arabo” é un espazo crave para comprender a profunda vinculación histórica dos arbenses co viño e a lamprea. A fortuna dos emigrantes galegos fixo posible a construción da antiga escola de Arbo na década dos anos vinte do pasado século, edificio que hoxe acolle este centro cultural. No seu interior consérvase con orgullo unha fotografía daqueles galegos que doaron parte do seu diñeiro para facer realidade esta infraestrutura.
O Arabo coroa as terras do viño do Condado do Tea e estrutúrase en tres plantas:
- A planta baixa conta con recepción, salón de actos, paneis informativos sobre a Festa da Lamprea e vinoteca cos viños das adegas de Arbo.
- A segunda planta está dedicada á Historia de Arbo e ás súas adegas.
- A última planta está integramente dedicada á lamprea, símbolo do municipio.
O rexedor subliña tamén o valor humano, cultural e económico que representa este produto para Arbo:“A lamprea é o noso orgullo e o noso presente. Detrás dela están as mans dos pescadores, das cociñeiras e cociñeiros de Arbo e de todo un sector que, de xaneiro a maio, consegue que miles de persoas visiten a nosa terra, dinamizando a economía local e mantendo vivas as nosas tradicións”.
Desde o consistorio faise un chamamento aberto a participar nesta celebración:“Convidamos a todo o mundo a visitar Arbo, a Capital Mundial da Lamprea, a coñecer o Museo Arabo os días 24, 25 e 26 de abril e a gozar dun evento único, cargado de historia, sabor e tradición, que non deixa a ninguén indiferente”.


Primer comentario