Tomiño redactará un Plan municipal para a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles

ODs Concello de Tomiño

O Concello é o único municipio de Pontevedra elixido polo Fondo Galego de Cooperación xunto a Fene (A Coruña), Barreiros (Lugo) e Pobra de Trives (Ourense)

Tomiño, 30 de xullo de 2021

Tomiño será un dos catro concellos de Galicia que redactará un Plan Municipal para a Implementación dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles) co apoio do Fondo Galego de Cooperación.

Trátase dunha iniciativa de este último co obxectivo de coñecer asituación real do Concello de Tomiño con respecto á súa contribución e aliñamento cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles e á Axenda 2030, tanto a nivel de estratexias municipais, como de implementación real. Esta diagnose inicialservirá como guía e referencia á hora de elaborar o futuro Plan Municipal de implementación dos ODS, e unha serie de accións de comunicación e sensibilización aos colectivos sociais e á cidadanía en xeral.

Tomiño, único concello de Pontevedra seleccionado para por en marcha esta iniciativa (cofinanciada a través dun convenio coa Xunta de Galicia), participará da mesma con outros tres: Fene (A Coruña), Barreiros (Lugo) e Pobra de Trives (Ourense).

A consultora que dinamizará o proceso será Icsemno caso de Tomiño.

Segundo explicou hoxe Andrea García, coordinadora de proxectos do Fondo Galego de Cooperación, na presentación do plan no Concello de Tomiño, a metodoloxía de traballo será eminentemente participativa. Para iso, prevese unha recollida de información baseada en fontes primarias e secundarias, empregando focus group, encontros, enquisas, etc. que se adapten ás circunstancias das persoas participantes para dispor da información relevante e promover a súa colaboración e interese desde o inicio.

A idea é que tanto as administracións públicas como as organizacións sociais, poidan incorporar o Plan de Acción resultante dos estudos.

Así, está previstorealizarun taller de inicio e outro de finalización,que permita sensibilizar aos axentes municipais sobre a Axenda 2030e garantir que o Plan Municipal de Implementación dos ODS responda ás súas necesidades e sexa unha ferramenta útil e aplicable. Ademaiselaborarase unha ferramenta de medición sinxela que a través de indicadores SMART (específicos, medibles, alcanzables, relevantes e temporais), permitan facer unha avaliación obxectiva sobre o grao de cumprimento do Concello con respecto aos ODS establecidos no Plan.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, comprometeuse a colaborar en todo o posible para que o plan municipal sexa unha ferramenta transversal, veraz e útil que guíe a actividade do goberno local cara a cada un dos ODS.